Baltasar Moscoso Sandoval

Baltasar Moscoso Sandoval, nado o 9 de marzo de 1589 en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665 foi un cardeal da Igrexa Católica.

Baltasar Moscoso Sandoval
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1589 en Santiago de Compostela
Pasamento17 de setembro de 1665 en Madrid
Ordes
Ordenación sacerdotal1616
Consagración episcopal25 de xullo de 1619, por Fernando Acevedo González
Creado cardeal2 de decembro de 1615, por Paulo V
Arcebispo de Toledo
Primado de España
Cardeal-Presbítero de Santa Croce in Gerusalemme
1646 - 1665
Cargos anterioresBispo de Xaén (1619-1646)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Biografía editar

Era fillo do conde de Altamira, Lope Moscoso Ossorio, e sobriño do duque de Lerma e cardeal Francisco de Sandoval Rojas, valido do rei Filipe III, e tamén parente do cardeal Bernardo Sandoval Rojas.

Por mor das influencias familiares tivo unha carreira rápida e de importancia. Foi nomeado cardeal cando tiña tan só 26 anos polo papa Paulo V, e recibiu de Filipe III a tarefa de solicitar da Santa Sé a súa intervención contra os protestantes.

En Navalcarnero, o 17 de outubro de 1649 foi o encargado de oficiar o casamento do rei Filipe IV con Mariana de Austria. Foi tamén supremo Chanceler de Castela e conselleiro de Estado, nomeado por Filipe IV.

Está enterrado na catedral de Toledo, na capela do Descendemento.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar