Batalla de Vogladum

Coordenadas: 46°35′00″N 0°20′00″L / 46.5833, 0.3333


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

A batalla de Vogladum ou de Vouillé tivo lugar no ano 507 preto da antiga cidade gala de Vogladum, non lonxe de Poitiers, entre as tropas do rei franco Clodoveo I (ou Clovis I) e do visigodo Alarico II.

Batalla de Vogladum (ou Batalla de Vouillé)
Map Frank campaigns in Aquitaine 507-509-fr.svg
Campañas francas en Aquitania
Data: primavera 507
Lugar: Vogladum (Vouillé, preto de Poitiers)
Resultado: Vitoria franca
Combatentes
Francos Visigodos
Comandantes
Clodoveo I Alarico II

HistoriaEditar

Na primavera de 507, o exército franco cruzou o río Loira en dirección a Poitiers, so o comando de Clovis e do seu fillo máis vello Teodorico. O exército visigodo marcha para norte para lles cortar o camiño coa esperanza de que os ostrogodos os apoien: a batalla ten lugar na chaira de Vouillé, preto de Poitiers.

Ten inicio unha espantosa loita corpo a corpo, até que o rei visigodo Alarico II é morto por Clovis. Tal como na batalla de Tolbiac contra os Alamanos, a morte do rei dita a desbandada dos visigodos que acaban masacrados polos francos.

Esta vitoria abre a Clovis o camiño do sur: conquista Tolosa, antiga capital dos visigodos, Narbona, a Aquitania, a Gascuña, o Languedoc e o Lemosín.

ConsecuenciasEditar

A derrota supuxo a fin do Reino visigodo de Tolosa e a súa expulsión case total da Galia, agás a Septimania ou Narbonense, e o reparto do resto do territorio entre Clodoveo e os seus aliados burgundios.

Se non desapareceron os visigodos, foi polo apoio do ostrogodo Teodorico, o Grande, que quería salvar o resto das posesións visigodas en Hispania, o que se denominou como Reino visigodo de Toledo, para o seu neto, o fillo de Alarico II, chamado Amalarico.[1]

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Mitre Fernández, Emilio; García Moreno, Luis A.; Ladero Quesada, Miguel Ángel; González Crespo, Esther; Sarasa Sánchez, Esteban; Beltrán Torreira, Federico (1994). Manual de Historia Universal 3. La alta Edad Media (en castelán). Madrid: Historia 16. ISBN 84-7679-273-5. 

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Mitre et alii (1984), p. 34