Alarico II
Alarico II foi o rei dos visigodos desde o ano 484 ata o 507. Casou con Tindigota, unha filla ilexítima de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos.
Nome orixinal | (got) Alareiks (la) Alaricus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 458 (Gregoriano) Reino Visigodo |
Morte | agosto de 507 (48/49 anos) Poitiers, Francia |
Causa da morte | morte en combate |
Rei dos visigodos | |
484 – agosto de 507 ← Eurico – Xesaleico → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Breviário (pt) |
Ocupación | monarca, líder militar |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Vogladum |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos (484–507) |
Familia | Baltingos |
Cónxuxe | Teodegoda |
Fillos | Xesaleico, Amalarico |
Pais | Eurico e Ragnahilda |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
En 486 Alarico II negou refuxio a Afranio Siagrio, gobernante romano do chamado Dominio de Soissons (último reduto do Imperio Romano de Occidente) derrotado por Clodoveo I. Alarmado polas intimidacións de Clodoveo, Alarico remitiulle ao nobre romano, que foi decapitado.
Morre na batalla de Vouillé en 507, que enfrontou aos visigodos coas tropas do rei franco Clodoveo I. A derrota dos visigodos nesta batalla marca a desaparición do reino de Tolosa, pois as posesións galas, excepto a Narbonense, perdéronse.
Sucédeo o seu fillo Xesaleico, o cal emprende o repregamento dos restos do reino de Tolosa cara a Hispania.
Alarico II elaborou un código de leis coñecido como Breviario de Alarico (506), para os seus súbditos "romanos", segundo a teoría tradicional, aplicándose aos godos o dereito consuetudinario do pobo visigodo (recompilado no ano 475 polo rei Eurico no Codex Euricianus ou Código de Eurico).
O mesmo ano permitiu aos Bispos católicos da Galia que se reunisen nun Concilio en Agatha (Agde) na Narbonense.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alarico II |
Outros artigos
editar
Predecesor: Eurico |
Rei dos visigodos 484-507 |
Sucesor: Xesaleico |