Xesaleico
Xesaleico foi un rei visigodo da Hispania visigoda entre 507 e 511, ou 513. Fillo ilexítimo e sucesor de Alarico II, foi elixido pola nobreza despois do falecemento do seu pai. Tivo a oposición de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, que desexaba o reinado para Amalarico, fillo lexítimo de Alarico II e suposto neto seu, mentres se constituía en rexente.
Xesaleico | |
---|---|
Rei dos visigodos | |
![]() | |
Retrato imaxinario de Xesaleico, rei dos visigodos, de Patricio Patiño. Ca. 1855. (Museo do Prado, Madrid). | |
Reinado | 507 – 511 |
Predecesor | Alarico II |
Sucesor | Amalarico |
Proxenitores | Alarico II |
Na rede | |
![]() | |
Acosado, tivo que abandonar a Galia e refuxiarse en Barcelona, que se converteu en capital do reino. Posteriormente partiu ao norte de África en busca de axuda vándala, pero foi derrotado ao seu regreso, en Ibbas, Barcelona, no 511, onde foi capturado e executado. Teodorico o Grande faise cargo da rexencia xa que Amalarico era menor de idade, iniciándose un período de dominación ostrogoda.
Predecesor: Alarico II |
Rei dos visigodos 507-511 |
Sucesor: Amalarico |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesaleico |