Batalla de Tolbiac

Batalla franco-alamana

Coordenadas: 50°40′31″N 6°36′4″L / 50.67528, -6.60111

A batalla de Tolbiac foi un enfrontamento entre os francos, liderados por Clodoveo I, e os alamanos en 496. O topónimo Tolbiac ou Tulpiacum corresponde a unha cidade da antiga Galia, agora chamada Zülpich (Renania do Norte-Westfalia) preto de Colonia.Os historiadores, seguindo a Gregorio de Tours na súa Histoire des Francs, sitúana no ano 496, aínda que algunhas críticas recentes cren que tivo lugar en 506. Os francos gañaron e estableceron a súa hexemonía sobre os alamanos.[1]

Batalla de Tolbiac

"Batalla de Tolbiac" por Ary Scheffer.
Data: 496
Lugar: Zülpich, Renania do Norte-Westfalia
Desenlace: Fin da autonomía alamana
Resultado: Vitoria decisiva franca
Combatentes
Francos salios
Francos ripuarios
Alamanos
Comandantes
Sigeberto o Coxo
Clodoveo I
Gibuldo

Eventos editar

Os francos dividíronse en dous pobos veciños e aliados, os francos salios cuxo rei era Clodoveo I e os francos ripuarios cuxo rei era Sigeberto o Coxo e cuxa capital era Colonia. Os ripuarios tiñan por veciños aos terribles Alemanni, unha confederación de pobos xermánicos de igual poder que os francos. Alamanos e ripuarios tiveron frecuentes incidentes fronteirizos e multiplicáronse os saqueos e as incursións.

Primeira batalla editar

 
Manobras durante a batalla.

Parece ser que no ano 496, os ripuarios sufriron unha verdadeira invasión e chamaron a Clodoveo na súa axuda. Clodoveo respondeu positivamente ao seu aliado e organizou un exército pero non debeu chegar a tempo, xa que Sigeberto tivo que defender Tolbiac sufrindo grandes perdas. Pouco máis se sabe, salvo que probablemente os ripuarios non foron de axuda nesta primeira batalla.

Segunda batalla editar

Suponse que Clodoveo chega pero aínda así en inferioridade numérica. Ao parecer Clodoveo considerou que podería perder a batalla e pensou en escapar. Despois invocou ao Deus único da súa muller Clotilde: "Deus de Clotilde, vén na miña axuda". Pouco despois os alamanos comezaron a retroceder xa que o seu líder acabara de caer morto. Os francos finalmente masacraron aos alamanos.

Conversión de Clodoveo editar

Dise que Clodoveo atribuíu a súa vitoria ao voto que fixera de converterse ao cristianismo se gañaba coa axuda do Deus cristián: Clodoveo casara cunha princesa cristiá de Borgoña, chamada Clotilde. Clodoveo recibe entón o bautismo de San Remixio en Reims,[2] o 25 de decembro de 496. Este bautismo converteuse nun acontecemento significativo na historia de Francia, e case todos os reis franceses foron consagrados despois na catedral de Reims, ata 1825, cando o rei Carlos X de Francia accedeu ao trono.

 
Batalla de Tolbiac. Fresco no Panteón (París) de Joseph Blanc, c. 1881.

Notas editar

  1. "Batalla de Tolbiac". Arts and Culture (en Castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2022. Consultado o 2022. 
  2. Strauss (1854), p. 98

Véxase tamén editar

Bibliografía editar