Amancio Ortega

empresario galego de orixe leonesa

Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936,[1] é un empresario galego da moda, creador de Zara[2]. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares[3]. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.[4][5] En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla.[6]

Modelo:BiografíaAmancio Ortega
Biografía
Nacemento(es) Amancio Ortega Gaona Editar o valor en Wikidata
28 de marzo de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Busdongo de Arbas, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaA Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, empresario, filántropo Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado77.000 M$ (2021) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFlora Pérez (2001–)
Rosalía Mera (1966–1986), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosSandra Ortega Mera
 () Rosalía Mera
Marcos Ortega Mera
 () Rosalía Mera
Marta Ortega
 () Flora Pérez Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webfaortega.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1672366

Traxectoria

editar

Actividade profesional

editar
 
Gala, fábrica de camisas.
 
Primeira tenda de Zara na rúa Juan Flórez da Coruña.

Amancio Ortega Gaona, fillo de pais de orixe valisoletana,[7] naceu en Busdongo de Arbas, unha aldea leonesa do concello de Villamanín. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia. Aos tres meses marchou con eles a Tolosa, onde viviu ata 1944.[7] Nesa altura destinaron a seu pai, xefe de estación de ferrocarril, á Coruña, onde marchou, e onde con catorce anos comezou a súa carreira no mundo do téxtil como empregado de dúas coñecidas tendas de roupa: a camisería Gala[8] onde traballa tres anos e a mercería La Maja a onde vai traballar cos seus irmáns con dezasete anos[9].

É en 1963 cando crea coa axuda dos seus irmáns a compañía Confecciones GOA (as súas iniciais en sentido inverso), dedicada á fabricación de batas. O negocio crece progresivamente nesta década, e coa súa muller daquela, Rosalía Mera, funda Zara como empresa. En 1975 ábrese a primeira tenda de Zara na céntrica rúa de Juan Flórez, na Coruña. Os seus establecementos comezan a abrirse por toda España e o mundo. Co aumento do volume de actividades da empresa, en 1985 créase o grupo Inditex, para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que posúe.

Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais como o inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.

Vida persoal

editar
 
Escola infantil de Esteiro, Ferrol. Fundación Amancio Ortega.

Refuxiado na normalidade e obsesionado polo anonimato, toda a súa vida e ata o seu rostro foron durante moitos anos un dos segredos mellor gardados. Nunca concedeu unha entrevista, aínda que si ten colaborado nalgún libro biográfico. Entre as súas afeccións coñecidas destacan a hípica, os automóbiles e a pintura.

Marcos, o único fillo home de Ortega, naceu cunha grave discapacidade e o empresario e mais a muller daquela, Rosalía Mera, promoveron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois casou con Flora Pérez Marcote, con quen tivo unha filla, Marta Ortega, quen se perfila como sucesora á fronte do grupo empresarial e no que xa ten ocupado diversos postos como en Bershka.

En 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.

É propietario do pazo de Anceis en Anceis, e o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas, en Larín.

No ano 2012 Amancio Ortega, a través da fundación que leva o seu nome, realizou unha doazón a Cáritas por valor de 20 millóns de euros, que nese momento se calculou que supoñía o 0,05% do seu patrimonio.[10][11] En 2017 doou 300 millóns de euros para equipamento contra o cancro.[12]

Honras

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Badía, Enrique (2008). Zara...y sus hermanas. Col. Historia Empresarial. Madrid: LID Editorial Empresarial, S.L. ISBN 978-8483560266. 
  • Blanco, Xabier; Salgado, Jesús (2004). Amancio Ortega, de cero a Zara: El primer libro de investigación sobre el imperio Inditex. Madrid: Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-167-7. 
  • Martín, David (2012). Zara, visión y estrategia de Amancio Ortega. Conecta. ISBN 978-8415431367. 

Ligazóns externas

editar