Marta Ortega

empresaria galega

Marta Ortega Pérez, nada na Coruña o 10 de xaneiro de 1984,[1][2] é unha empresaria galega, presidenta do grupo Inditex dende 2022[3].

Marta Ortega Pérez
Nacemento10 de xaneiro de 1984
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña, European Business School London, Universidade de Londres, London Business School e Regent's University London
Ocupaciónempresaria e director executivo
PaiAmancio Ortega
NaiFlora Pérez
CónxuxeSergio Álvarez Moya e Carlos Torretta Echevarría
Fillosdous
IrmánsSandra Ortega Mera e Marcos Ortega Mera
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria profesionalEditar

Filla de Amancio Ortega, estudou Empresariais na Universidade da Coruña e completouno con estudos na European Business School de Londres.[4] En 2006 foi designada vicepresidenta das sociedades Gartler e Partler, que controlan o 50,01% e o 9,3% do grupo téxtil Inditex. O presidente desas dúas firmas é o seu pai.

Vida persoalEditar

Grande afeccionada á equitación, ten competido en probas de carácter internacional. Estivo casada co tamén xinete internacional español Sergio Álvarez Moya, do que se separou en 2014.[5] Teñen un fillo chamado Amancio, nado na Coruña o 5 de marzo de 2013.[6] Anteriormente fora o seu mozo o tamén xinete Gonzalo Testa.[7]

NotasEditar