Sandra Ortega Mera
Sandra Ortega Mera, nada na Coruña o 19 de xullo de 1968[1], é unha empresaria galega, unha das principais accionistas de Inditex.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1968 (56 anos) A Coruña, España |
Residencia | A Coruña |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filántropa |
Familia | |
Cónxuxe | Pablo Gómez |
Pais | Amancio Ortega e Rosalía Mera |
Irmáns | Marta Ortega Marcos Ortega Mera |
Traxectoria
editarÉ a filla máis vella de Amancio Ortega e a súa primeira muller, Rosalía Mera.[2] Ten o grao en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Após a morte da súa nai, Rosalía Mera, en 2013, herdou a participación do 7% que esta tiña en Inditex, a empresa fundada polo seu pai Amancio Ortega, co que se converteu na muller máis rica de España cun valor neto de 7300 millóns de dólares.[3]
O seu grupo empresarial, Rosp Corunna, acadou en 2015 e 2016 uns beneficios de 105 e 89,6 millóns de euros respectivamente.[4]
Ortega traballa coa fundación creada pola súa nai para persoas con discapacidade mental e física, a Fundación Paideia Galiza.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 País, Ediciones El (2013-08-24). "Sandra Ortega: Una heredera multimillonaria que conduce un utilitario". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-03-01.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (15 de agosto de 2013). "La mujer que tejió un imperio". El País (en castelán).
- ↑ elEconomista.es. "Estas son las 10 mujeres más ricas de España - elEconomista.es". Consultado o 2017-03-01.
- ↑ "La sociedad de Sandra Ortega gana 90 millones y aumenta su cartera inmobiliaria internacional". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-03. Consultado o 2017-08-03.
- ↑ "Sandra Ortega, la misma política financiera que... su padre". Consultado o 5 de febreiro de 2016.