Rosp Corunna
Rosp Corunna é unha empresa galega adicada á xestión de participacións empresariais principalmente ligadas a Inditex fundada por Rosalía Mera. A empresa xestiona a participación que Sandra Ortega ten en Inditex. Xestiona un patrimonio valorado en 2015 en 5 454 millóns de euros.
ROSP CORUNNA PARTICIPACIONES EMPRESARIALES SL | |
---|---|
Tipo | Sociedade limitada |
Fundación | 29 de maio de 2001 (23 anos) |
Localización | A Coruña Galicia |
Fundador | Rosalía Mera |
Persoas clave | Sandra Ortega |
Industria | Investimento |
Beneficio | 160 113 025 euros (en 2016)[1] |
Notas | |
Auditor DELOITTE | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rosp Corunna xestiona 19 compañías inmobiliarias e as participacións en Room Mate (30%), Milou Films (25%), Inusual Comunicación Innovadora (45%), Inditex (5%) e Pharma Mar (5%).[2]
Notas
editar- ↑ "ROSP CORUNNA PARTICIPACIONES EMPRESARIALES SL". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 15 de agosto de 2018.
- ↑ "Rosp Corunna, la sociedad de Sandra Ortega, gana 90 millones de euros". El Progreso. 3/8/2017.