Parochiale suevorum
O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI[1], onde se reflicte a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as oito tradicionais reflectidas no Primeiro Concilio de Braga de 561, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Conímbriga, Idanha, Lamego e Viseu. Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga,de 572,[2]. O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. A súa importancia reside en non existir equivalente na época en ningunha outra provincia eclesiástica[3]. Constitúe por tanto unha das referencias historiográficas máis importantes para a localización de pobos e poboacións na Gallaecia pos-romana, especialmente durante o Reino suevo.

DiocesesEditar
O documento recolle as seguintes dioceses:
- Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea (Ourense[4]), Verugio (Cambeses, A Barcia do Seixo, A Lama), Bibalos (Temes), Teporos (A Pobra de Trives[5]), Geurros (Igreja de Geurros en Santa María de A Proba, O Barco de Valdeorras), Pincia (Santa María de Pinza, Viana do Bolo) , Cassavio (Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras), Verecanos (por identificar), Senabria (Pobra de Seabra[5]), Calapacios majores (Calabor)[4].
- Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos.
- Diocese de Braga[5]: Bracarensem (Braga), Centumcelas (Centocelas), Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis (Vizela), Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. Así como os pagus: Panonias (Santuario de Panóias), Laetera, Brigantia (Braganza), Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio.
- Diocese de Bretoña: Britonorum (Bretoña, A Pastoriza), Monasterio Maximi (San Martiño de Mondoñedo).
- Diocese de Conímbriga[5]: Conembrica (Conímbriga), Eminio (Coimbra), Selio (Tomar), Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum (Vila Nova de Gaia).
- Diocese de Dume[5]: Dumio (Dume).
- Diocese de Idaña[5]: Egitania (Idanha a velha), Municipio, Francos.
- Diocese de Iria[4]: Iria (Padrón), Morracio (Cangas?), Salinense (Cambados?), Contenos (Cuntis), Celenos (Caldas de Reis?), Metacios (Silleda?), Mercienses (Santa María de Merza), Pestemarcos (Posmarcos).
- Diocese de Lamego: Lamecum (Lamego), Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos.
- Diocese de Lugo[4]: Luco (Lugo), Carioca (Quiroga), Seuios/Lemos (Monforte de Lemos), Cauarcos (Cabarcos de Sobrado, León).
- Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo (Porto), Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria (Tongóbriga, Freixo, Marco de Canaveses), Villa Gomedei, Tauvase. Tamén os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca.
- Diocese de Tui: Tudensem (Tui), Turedo (O Touredo, Luneda, A Cañiza)[4], Tabulela (Taboexa)[4], Lucoparre (Longos Vales, concello de Monção[5]), Aureas (Areas, Ponteareas)[4], Langetude (A Lenguda, Pías, Ponteareas)[4], Carisiano (Carrizán, Escuadra, A Lama)[4], Marciliana (Marzán, O Rosal)[4], Turonio (Torroña )[4], Celesantes (Cesantes)[4], Toruca (Pontevedra)[4], Aunone (Avión)[4], Sacria (Sagra, O Carballiño)[4], Herbilione (Ervelho freguesía de Cristelo Covo, concello de Valença[5] ), Cauda (Canda, freguesía de Alvaredo, concello de Melgaço[5]), Ovinia (Vinha, freguesía de Areosa, concello de Viana do Castelo[5]), Cartase (Lugar de Cartas freguesía de Mentrestido, concello de Vila Nova de Cerveira[5]).
- Diocese de Viseu: Viseo (Viseu), Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.
NotasEditar
- ↑ Datado entre os anos 527 e 582, atribuíndoselle como data máis probable o ano 569.
- ↑ Texto do II concilio bracarense.
- ↑ DAVID, Pierre (1947). Études historiques sur la Galice et le Portugal du VIe au XIIe siècle, p. 497. Belles Lettres.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Hispania Sacra, LXVI 134, julio-diciembre 2014, 439-480, Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del parroquial suevo, José Carlos Sánchez Pardo, ISSN: 0018-215X
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 A. de Almeida Fernandes (1997). Paróquias Suevas e Dioceses Visigóticas. Associação para a defesa da cultura Arouquense, Câmara Municipal de Arouca
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Parochiale sueuum. Itineraria et Alia Geographica. In Corpus christianorum. CLXXV: p, 411-420. Typography Brepols Editores Pontificii. 1965.
- Bermúdez Beloso, Mariña; Ibáñez Beltrán, Luis Manuel (2020). "Una cartografía para los once condados de la diócesis de Lugo: hacia una nueva aproximación al Parrochiale Suevum". Vínculos de Historia (en castelán) (9): 181–201. ISSN 2254-6901. doi:10.18239/vdh_2020.09.09.
- David, Pierre (1947). Études historiques sur la Galice et le Portugal du VIe au XIIe siècle, págs. 19-82. Instituto de Estudos Históricos Dr António de Vasconcelos, Coimbra (en francés).
- De Gouveia, Mário. Do Parochiale sueuum ao Prouinciale uisigothicum: ficheiro analítico. I – Paróquias suévicas
- García Moreno, Luis A. (2006). "La iglesia y el cristianismo en la Galecia de época sueva". Antigüedad y cristianismo: Monografías históricas sobre la Antigüedad Tardía (en castelán) (Universidade de Murcia) (23: Espacio y tiempo en la percepción de la Antigüedad Tardía): 39–55. ISBN 84-8371-667-4. ISSN 0214-7165.
- López Alsina, Fernando (2013). "El Parrochiale Suevum y su presencia en las cartas pontificias del siglo XII" (PDF). Das begrenzte Papsttum: Spielräume päpstlichen Handelns. Legaten - delegierte Richter - Grenzen. Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen, Neue Folge (en castelán) (Berlín: Walter de Gruyter GmbH) 25: 105–132. ISBN 978-3110304633. doi:10.26015/adwdocs-1177.
- Novo G., J. Miguel (1998). "Lugo en los tiempos oscuros. Las menciones literarias de la ciudad entre los siglos V y X (III)" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo (en castelán) (8 (2)): 177–193. ISSN 0212-8438.
- Sánchez Pardo, José Carlos (2014). "Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del Parroquial Suevo". Hispania Sacra (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) 66 (134): 439–480. ISSN 0018-215X. doi:10.3989/hs.2014.058.