Ponte Vella Internacional Tui-Valença
A Ponte Vella Internacional Tui-Valença sobre o río Miño, entre Galiza, no estado español, e o distrito de Viana do Castelo, en Portugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) e ferrocarril.
Ponte Vella Internacional Tui-Valença | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | ponte rodoferroviaria, ponte internacional e patrimonio cultural ![]() | |||
Parte de | A Raia ![]() | |||
Material usado | pedra e ferro ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Deseñador/a | Pelayo Mancebo ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1885 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1884 | construción | |||
25 de marzo de 1886 | inauguración | |||
2000 | reconstrución ![]() | |||
Transporte | ||||
Permite o paso de | liña de ferrocarril e estrada ![]() | |||
Dimensións | ||||
Lonxitude | 399 m ![]() | |||
Número de arcos | 5 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Cidade fronteiriza | Tui ![]() | |||
Altitude | 15 m ![]() | |||
Atravesa | río Miño ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Sen protección legal | ||||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarÉ falsa a lenda de que é obra de Gustave Eiffel ou un dos seus discípulos.[1] Foi deseñada polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda.[2] Inaugurouse oficialmente o 25 de marzo de 1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.
Durante máis de cen anos soportou moito tráfico, ao ser a única ponte para salvar o Miño, fronteira natural entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais de Salvaterra de Miño e Monção (15,5 km río arriba), Goián e Vila Nova de Cerveira (14 km río abaixo), e a ponte Tui-Valença (1993) da autovía (670 metros río abaixo).
Durante séculos, as e os peregrinos chegaban a Tui dende Portugal cruzando o río en barcas. A partir de 1884, a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago.
A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diarios e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galiza e Portugal.
Galería de imaxes
editar-
Na esquina inferior dereita o Parador de Tui, ó fondo a Fortaleza de Valença.
-
Entrada da ponte desde Portugal.
-
Peregrinos do Camiño portugués.
-
Interior da ponte.
-
Interior da ponte á noite.
-
Panorámica da ponte
-
Un CP pasando pola ponte vella
-
Vista das vías do tren da ponte
-
Litografía da ponte
-
Litografía do proxecto da ponte
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte Vella Internacional Tui-Valença |
Bibliografía
editar- Fernández , Xosé. Historia del puente internacional de Tuy sobre el Miño (en castelán). Boletín ETSA., 1994, n.º 18, páx. 62-68. ISSN 0213-3474.
- Gradín, Tere. Un recorrido histórico por a Linha do Minho[Ligazón morta] (en castelán). El Domingo, La Opinión A Coruña, 03/01/2010, n.º 465, páx. 8-9.
- MOPTC-Fomento. Observatorio transfronterizo España-portugal, Documento n.º 4 (en castelán). Secretaría General Técnica, marzo de 2006, 66 páx.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Mandiá, Diana. El tren de la frontera (en castelán). El País, 15/12/2009.