Monção

Monção[1] é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Monção
Pt-mnc1.png
MNC.png
Monção praza.jpg
Localización
LocalMoncao.svg
PaísPortugal Portugal
RexiónNorte
SubrexiónMinho-Lima
DistritoViana do Castelo
Xeografía
Altitude(máxima) 1 114 msnm
Superficie211,51 km²
Demografía
Poboación19 957 hab. (2001)
Densidade200 hab./km²
Xentiliciomonçanense
Outros datos
Código postal4950
AlcaldeJosé Moreira (PS)
www.cm-moncao.pt

XeografíaEditar

 
Praza Deu-La-Deu.
 
Freguesías do concello de Monção.

Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km²,[2] e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.[3]

Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:[4]

O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Evolución da poboaciónEditar

Evolución da poboación do concello de Monção (1801 – 2004) [5]
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
12.095 14.983 26.077 24.585 27.393 23.799 21.799 19.956 19.842

HistoriaEditar

Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.[6]

NotasEditar

  1. Monção, mencionado na GEG nos artigos "Arbo", "Coral polifónica de Cariño", "Lanzós" e "Pesqueira". En ocasións escrito en galego Monçao, como en Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 107 (B2). ISBN 978-84-8289-328-0. 
  2. Instituto Geográfico Português, /ficheiros/cadastro/caop/caop_download/caop_2013_0/areasfregmundistcaop2013_2 Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Consultado o 2 de novembro de 2017.
  3. INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia". Consultado o 2 de novembro de 2017.
  4. Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Consultada o 2 de novembro de 2017.
  5. Recenseamentos Gerais da População - Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 2 de novembro de 2017.
  6. Portal Municipal de Monção, página de História Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.. Consultada o 2 de novembro de 2017.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar