Afonso III de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Afonso III de Portugal, nado en Coímbra o 5 de maio de 1210 e finado en Lisboa o 16 de febreiro de 1279, alcumado O Boloñés por casar coa condesa Matilde II de Boloña e vivir naquela rexión, foi o quinto rei de Portugal. Afonso III era o segundo fillo do rei Afonso II e da súa muller Urraca de Castela, e sucedeu o seu irmán Sancho II en 1248.
Afonso III de Portugal | |
---|---|
Rei de Portugal | |
Período | 3 de xaneiro de 1248 - 16 de febreiro de 1279 |
Antecesor | Sancho II de Portugal |
Sucesor | Dinis de Portugal |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de maio de 1210 |
Coímbra | |
Falecemento | 16 de febreiro de 1279 |
Lisboa | |
Pai | Afonso II de Portugal |
Nai | Urraca de Castela |
Cónxuxe | Matilde II de Boloña Beatriz de Castela e Guzmán |
Fillos | Branca de Portugal, Dinis de Portugal, Afonso de Portugal, Sancha de Portugal, Maria de Portugal, Constança de Portugal, Martim Afonso Chichorro, Urraca Afonso de Portugal, Afonso Dinis de Portugal, Leonor Afonso de Portugal, Roberto de Portugal, Fernando de Portugal e icente de Portugal |
Relixión | cristianismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Taxectoria Editar
Como segundo fillo, Afonso non debería herdar o trono destinado a Sancho e por iso viviu en Francia, onde casou con Matilde II de Boloña en 1235, tornándose así conde iure uxoris de Boloña. Porén, en 1246, os conflitos entre Sancho II e a Igrexa tornáronse insostibles e o Papa Inocencio IV ordenou a substitución do rei polo conde de Boloña. Afonso non ignorou a orde papal e dirixiu-se a Portugal, onde se fixo coroar rei en 1248 tras o exilio e morte de Sancho II, en Toledo.
Ata a morte de D. Sancho e a súa consecuente coroación, D. Afonso só usou os títulos de Visitador, Curador e Defensor do Reino.
Reinado Editar
Para acceder ao trono, Afonso abdicou de Boloña e repudiou Matilde para casar coa Beatriz de Castela. Decidido a non cometer os mesmos erros do irmán, o novo rei prestou especial atención á clase media de comerciantes e pequenos propietarios, escoitando as súas queixas.
En 1254, na cidade de Leiria convocou a primeira reunión das Cortes, a asemblea xeral do reino, con representantes de todos os espectros da sociedade. Afonso preparou unha lexislación que restrinxia a posibilidade de que ás clases altas cometan abusos sobre a poboación menos favorecida e concedeu numerosos privilexios á Igrexa. Recordado como excelente administrador, Afonso III organizou a administración pública, fundou varias vilas e concedeu o privilexio de cidade a través do edicto de varias cartas de foral.
Foron pola súa orde feitas as Inquirições Xerais, iniciadas en 1258, como forma do rei controlar, non só o gran poder da Nobreza, pero tamén para saber se lle estaban a ser usurpador bens que, por dereito, pertencían á Coroa.
Guerras con Al-Ándalus Editar
Co trono seguro e a situación interna pacificada, Afonso volveu a súa atención ás guerras cos reinos de Al-Ándalus, das comunidades musulmás no sur da Península Ibérica. Durante o seu reinado, Faro foi tomada con éxito en 1249 e o Algarve incorporado no reino de Portugal.
Tras esta campaña de éxito, Afonso tivo que afrontar un conflito diplomático con Castela, que consideraba que o Algarve lle pertencía. Seguiu un período de guerra entre os dous países, ata que, en 1267, foi asinado un tratado en Badaxoz que determina a fronteira no río Guadiana desde a confluencia do Caia ata a desembocadura a fronteira luso-castelá.
Casamentos Editar
En 1253, o rei desposou D. Beatriz, coñecida por D. Brites por distorsión do pobo, filla de D. Afonso X de Castela, O Sabio. Dende logo isto constituíu polémica pois D. Afonso era xa casado con Matilde II de Boloña.
O papa Alexandre IV respondeu a unha queixa de D. Matilde, ordenou ao rei Afonso que abandone D. Beatriz con respecto ao seu matrimonio con D. Matilde. O rei non obedeceu, pero buscou gañar tempo neste tema delicado, e o problema quedou resolto coa morte de D. Matilde en 1258. O infante, D. Dinís, nacido durante a situación irregular dos pais, foi entón lexitimado en 1263.
O matrimonio funciona como unha alianza que puxo termo á loita entre Portugal e Castela o Reino do Algarve. Tamén resultou en máis riqueza a Portugal cando D. Beatriz, despois da morte do rei, recibe do seu pai, Afonso X, unha fermosa rexión a leste do río Guadiana, onde se incluían as vilas de Moura, Serpa, Noudar, Mourão e Niebla. Tamaña dádiva debeuse ao apoio que D. Brites prestoulle durante o seu exilio na cidade de Sevilla.
Excomuñón Editar
No final da súa vida, viuse envolto en conflito coa Igrexa e foi excomungado en 1268 polo arcebispo de Braga, os bispos de Coímbra e Porto e o propio papa Clemente IV, a semellanza dos reis que o precederon. O clero aprobara un libelo que contiña corenta e tres queixas contra o monarca, entre as que se achaban o impedimento aos bispos de cobraren os décimos, utilización dos fondos destinados á construción de templos, obriga dos cregos a traballaren nas obras das murallas das vilas, prisión e execución de cregos sen autorización dos bispos, ameazas de morte ao arcebispo e aos bispos e, aínda, o nomeamento de xudeus para cargos de grande importancia.
O rei, que era moi querido polos portugueses por decisións como a da abolición da anúduva (imposto do traballo manual gratuíto, que obrigaba ás xentes a traballar na construción e reparación de castelos e pazos, muros, foxos e outras obras militares), recibiu apoio dos tribunais de Santarém en xaneiro de 1274, onde foi nomeada unha comisión para facer unha enquisa ás acusacións que os bispos facían ao rei. A comisión, composta maioritariamente por adeptos do rei, absólveo. O papa Gregorio X, porén, non aceptou a resolución tomada nas cortes de Santarém e mandou que se excomungase o rei e fose lanzado un interdito sobre o reino en 1277.
Á súa morte, en 1279, don Afonso III xurou obediencia á Igrexa e a restitución de todo o que lle tiña tirado. Fronte a esta actitude do rei, o abade de Alcobaça levantoulle a excomuñón e o rei foi enterrado no Mosteiro de Alcobaça.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afonso III de Portugal |
- (en portugués) Chronica do muito alto e muito esclarecido principe D. Afonso III, quinto rey de Portugal, Rui de Pina (1440-1522), Lisboa Occidental, 1728, na Biblioteca Nacional Digital
- (en portugués) Chronica d'El-Rei D. Affonso III, Rui de Pina (1440-1522), Lisboa: Escriptorio, 1907, na Biblioteca Nacional Digital
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Sancho II de Portugal |
Afonso III de Portugal | Precede a: Dinis de Portugal |
Dinastía de Borgoña |