Urraca de Castela
Urraca de Castela, nada en 1186[1] e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.
Urraca de Castela | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1186 |
Lugar de nacemento | Reino de Castela |
Falecemento | 2 de novembro de 1220 e 3 de novembro de 1220 |
Lugar de falecemento | Coímbra |
Soterrada | Mosteiro de Alcobaça |
Nacionalidade | Reino de Castela e Reino de Portugal |
Relixión | catolicismo |
Pai | Afonso VIII de Castela |
Nai | Leonor Plantagenet |
Cónxuxe | Afonso II de Portugal |
Fillos | Sancho II de Portugal, Afonso III de Portugal, Leonor de Portugal e Fernando de Portugal, Senhor de Serpa |
Irmáns | Henrique I de Castela, Berenguela de Castela, Branca de Castela, Leonor de Castela, Sancho de Castilla, Sancha de Castilla, Ferdinand of Castile, Mafalda de Castilla e Constanza de Castilla |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Orixes familiares editar
Filla do rei Afonso VIII e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet, os seus avós paternos foron Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a raíña Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela de Castela, nai de Fernando III o Santo, rei de Castela e León.
Traxectoria editar
Naceu en 1186 e aparece por primeira vez na documentación o 28 de maio de 1187, no que o seu pai realizaba unha doazón ao mosteiro de las Huelgas de Burgos, que el fundara.
Contraeu esponsais en 1205 co infante Afonso de Portugal, fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa esposa, a raíña Doce de Aragón e dous anos despois, en 1208, celebrouse o matrimonio. Despois da defunción do seu pai en 1212, o infante herdou o trono e reinou co nome de Afonso II de Portugal.
A raíña Urraca faleceu o 2 de novembro de 1220 na cidade de Coímbra, na que outorgara testamento o día 14 de xuño de 1214, e foi sepultada xunto ao seu esposo, o rei Afonso II de Portugal, no Mosteiro de Alcobaça.
Voda e descendencia editar
Froito do seu matrimonio co rei Afonso II de Portugal naceron os seguintes fillos:
- Sancho (1209/1210-1248), rei de Portugal co nome de Sancho II de Portugal.
- Afonso, conde de Boulogne, sucedeu ao seu irmán Sancho co nome de Afonso III.
- Leonor de Portugal (1211-1231), casada co rei Valdemar III de Dinamarca;
- Fernando de Portugal (1218-1246), señor de Serpa;
- Vicente (1219).
Notas editar
- ↑ Martínez Díez 2007, p. 48.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urraca de Castela |
Bibliografía editar
- Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237.
- Martínez Díez, Gonzalo (2007). Alfonso VIII, rey de Castilla y Toledo (1158-1214). Gijón: Ediciones Trea. ISBN 978-84-9704-327-4.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7.