Mosteiro de Alcobaça
O Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça, tamén coñecido como Real Abadía de Santa Maria de Alcobaça ou sinxelamente como Mosteiro de Alcobaça, é a primeira obra plenamente gótica erguida en chan portugués. Foi comezado en 1178 polos monxes do Císter. Está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e como Monumento Nacional, dende 1910, IPPAR.[1] O 7 de xullo de 2007, foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal. En 1834, os monxes foron forzados a abandonar o mosteiro, por mor do decreto de supresión de tódalas ordes relixiosas de Portugal, promulgado por Joaquim António de Aguiar, ministro dos negocios eclesiásticos e da xustiza do goberno da rexencia de Pedro, Duque de Bragança.
Mosteiro de Alcobaça | |
---|---|
![]() Mosteiro de Alcobaça | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 39°32′54″N 08°58′48″O / 39.54833, -8.98000 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 1989 (13ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 505 |
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Alcobaça |
BibliografíaEditar
- Maria Augusta Pablo Trindade Ferreira. Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça. ELO-IPPAR. 2nd edition, 1993. (en portugués)