Mosteiro de las Huelgas

O mosteiro de Las Huelgas é un mosteiro cisterciense feminino, fundado en 1189 polo rei Afonso VIII de Castela e a súa esposa, a princesa de Inglaterra Lionor Plantagenet, filla de Aliénor de Aquitania e de Henrique II de Inglaterra.

Mosteiro de las Huelgas

TipoAbadía de monxas cistercienses, convento e Monumentos do patrimonio histórico de España Editar o valor en Wikidata
Parte deCamiño de Santiago francés na provincia de Burgos Editar o valor en Wikidata
Estiloarte cisterciense Editar o valor en Wikidata
DioceseArquidiocese católica latina de Burgos Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°20′10″N 3°43′13″O / 42.3361, -3.7202
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Burgos
ConcelloBurgos Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1181 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aAfonso VIII de Castela Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000453

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Identificador1005
Contacto
Páxina WEBmonasteriodelashuelgas.org Editar o valor en Wikidata
RedesBNE: XX97901
Wikidata ]
Las Claustrillas, no mosteiro de Las Huelgas

Situación

editar

Está situado ao occidente da cidade de Burgos (España), algo retirado do río Arlanzón, nun terreo chan que antigamente estaba ocupado por hortas e prados e que era coñecido como "Las Huelgas", debido a que as xentes do lugar acudían alí para folgar, isto é, distraerse e pasar o seu tempo de lecer.

Historia

editar

Na Idade Media, foi o máis importante mosteiro feminino de Castela, albergando raparigas pertencentes á alta nobreza e da familia real castelá. Está composto por unha biblioteca, onde as freiras gardaban libros de diferentes e numerosos temas, algúns até prohibidos pola Igrexa católica.

O mosteiro tivo numerosas abadesas (todas pertencentes á familia real castelá), entre os cales a infanta Costanza de Castela, filla de Leonor e de Afonso VIII, que foi abadesa de Las Huelgas de 1219 a 1243 e a infanta Berengaria, filla de Beatriz da Suavia e de Fernando III de León e Castela (1201-1252) e, por tanto, irmá de Afonso X o Sabio, rei de Castela e León.

Na música

editar
  • O grupo de música antiga Martín Códax ten editado cancións medievais dos códices deste mosteiro de freiras.

Véxase tamén

editar