Castelo de Monção

Castelo en Portugal

O Castelo de Monção é un castelo medieval que se localiza na vila raiana de Monção (distrito de Viana do Castelo, antiga provincia de Minho, Norte de Portugal), fronte á vila galega de Salvaterra de Miño erixido na marxe esquerda do río Miño, tiña como función primitiva defender neste treito a pasaxe do río Miño.

Castelo de Monção
Monçao.jpg
ConcelloMonção
ProvinciaDistrito de Viana do Castelo
Comunidade
autónoma
Norte de Portugal
Coordenadas42°04′43″N 8°28′48″O / 42.078664, -8.480006Coordenadas: 42°04′43″N 8°28′48″O / 42.078664, -8.480006
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século XIII)
Estilo actual(Restos da muralla restaurados)
Estado actualPropiedade do concello, Visitábel
Véxase tamén
Castelos de Portugal
editar datos en Wikidata ]
Castelo de Monção, Portugal: murallas da fortaleza.
Castelo de Monção: garita.

HistoriaEditar

AntecedentesEditar

Algúns autores soteñen que o primitivo sitio de Monção localízase nun outeiro a uns dous quilómetros río abaixo da actual vila, onde hoxe atopamos a aldea de Cortes ou Monção Velha. Traballos máis recentes non esclarecen esa posibilidade, antes confirmando que a poboación (e a súa defensa) non se encontra referida nos documentos relativos ao reinado do primeiro rei do Portugal separado de Galiza: Afonso Henriques (1112-1185), levantando a hipótese de que a primeira defensa da poboación remonte ao reinado de Sancho I (1185-1211), o que non atopa amparo en testemuños materiais.

O castelo medievalEditar

Baixo o reinado de Afonso III (1248-1279), Monção (ou Monzón) figura nomeada como vila nas inquirições de 1258. Por outra abnda, o Carta de Foral, do 12 de marzo de 1261) permite inferir que a poboación foi refundada ("...facio quandam populatianem in cauto de Maazedo e impono ei de novo nomen Monzon."). Unha vez máis, este texto permite inferir que a vila xa estaría fortificada, ao referir os miles de Monçom, o que tamén é cuestionado por algúns estudosos, so o argumento da escaseza demográfica da rexión na época.

Os que defendem o argumento da inexistencia da fortificación nos tempos de Afonso III, aceptan que foi Don Dinis (1279-1325) o responsábel da erección do Castelo de Monção (1306), apoiados en Rui de Pina, que así o afirmou na súa crónica. Daquela, a vila recibira a Carta de Feira e foran iniciadas as obras da igrexa matriz. O desenvolvemento económico e demográfico fixo prosperar a poboación, de tal modo que, baixo o reinado de Fernando I (1367-1383), entrando este en guerra con Henrique II de Castela, as forzas castelás invadiron o reino de Portugal, sitiando Monção en 1369.

Coa morte de Fernando, ao se instaurar a crise de 1383-1385, os homens bons de Vila Nova de Cerveira, Caminha e Monção enviaron mensaxes ao condestábel Nuno Álvares Pereira, declarándose verdadeiros portugueses e entregándolle voluntariamente esas poboacións e os seus castelos. Nalgún momento do século XV, probabelmente baixo o reinado de Xoán I (1385-1433), o castelo foi dotado dunha coiraza envolvente.

Baixo o reinado de Manuel I (1495-1521), a poboación e o seu castelo atópanse figurados por Duarte de Armas (Livro das Fortalezas, c. 1509).

Da Guerra da Restauración aos nosos díasEditar

No contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa, volveuse necesaria a modernización das defensas da vila, que entón foi convertida nunha fortaleza de planta poligonal abaluartada. Iniciadas as obras en 1656, co proxecto do enxeñeiro militar francés Miguel de L'Ècole, baixo a direccón do mestre João Alves do Rego, estas defensas, adaptadas aos tiros da artillaría, resistiron de xeito denodado o ataque castelán dende outubro de 1658 até o 7 de febreiro de 1659, cando finalmente a gornición esgotada pediu a rendición.

Atópase clasificado como Monumento Nacional por Decreto publicado o 23 de outubro de 1910.

DescriciónEditar

O castelo medieval presentaba unha muralla circular de estilo gótico, envolvendo a vila (aínda se pode apreciar no rueiro actual). Nos muros só se abrían dúas portas, a principal defendida pola torre da homenaxe, abríndose para o terreiro onde se realizaba a feira. A porta da traição, de menores dimensións, daba para zona ribeirá.

A fortificación erguida no século XVII, aínda que erguida de raíz, integrou as murallas medievais, reformulándoas, dado o crecemento da vila. Dese xeito, erguéronse nove baluartes e cinco portas, manténdose amplas áreas non edificadas, para facilitar o movemento de tropas e de artillaría.

A lenda de Deuladeu MartínsEditar

O castelo volveuse moi sonado durante as campañas levadas a cabo por Fernando I contra Castela, as chamadas Guerras fernandinas. Conta a tradición que estando o castelo cercado en 1369, Deu-la-deu Martíns, dona do alcaide, recorreu á última reserva de fariña dos defensores para facer pan, que lanzou sobre os muros sobre os asediantes. Estes, comprendendo que a praza estaba aínda ben fornecida de víveres, o que prolongaría en demasía o asedio, levantaron o cerco e retiráronse. O feito lémbrase no brasón de armas da vila, onde se destaca, no alto dunha torre ameada, unha muller a medio corpo exhibindo un pan en cada man.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar