Alcaide

máximo xefe militar e oficial xurisdicional dun alcázar, castelo ou fortaleza
Non confundir con alcalde.

Un alcaide, castelán ou casteleiro[1] era, na Idade Media, o gobernador ou o máximo xefe militar e oficial xurisdicional dun alcázar, castelo ou fortaleza. As súas facultades eran de diferente orde e estendíanse tanto á xurisdición civil, como a criminal, e tanto ao goberno militar, como ao político.

Posteriormente o título estendeuse a outras actividades de dirección de diferentes tipos de establecementos como, por exemplo, o funcionario que nun centro penitenciario tiña ao seu cargo a custodia e a seguridade dos presos e a organización do réxime do establecemento.[1]

Etimoloxía editar

O termo alcaide, o mesmo que alcalde, derivan do árabe hispano قاضي alqáḍi, e este do árabe clásico, قاضي al-qāḍī, "o condutor (de tropas)", e tamén "o xuíz" (no caso de alcalde).[2][3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcaide.
  2. alcaide no DRAE.
  3. alcaide no DRAE.
  4. alcalde no Merriam Webster Unabridged Dictionary.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.