Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

Dux é unha verba latina que significa "condutor", "guía" (dux, ducis), correspondendo á palabra galega de orixe inglesa "líder", e designaba calquera persoa que comandase tropas, como, por exemplo, xefes tribais.

A palabra latina dux deu orixe ao termo duque, e os seus correspondentes noutras linguas (duc, en francés; duke, en inglés; duca, duce e doge, en italiano etc.).

Na xerarquía romana

editar

O dux era un título do exército romano do Baixo Imperio, usado polo comandante militar de rexións ou provincias de fronteira.

Coas reformas de Diocleciano, as provincias foron agrupadas en dioceses administradas por un Vicarius. Cada un destes era asistido por un dux, o cal era xerarquicamente superior aos duces das províncias. O dux responsábel da diocese estaba, á súa vez, suxeito á autoridade do Magister militum dunha prefectura pretoriana (unha das catro grandes rexións administrativas nas que se dividiu o Imperio Romano).