Magister equitum

Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

O Magister Equitum -traducido xefe de cabalería, ou mariscal da cabalería- era un cargo político da antiga Monarquía Romana, que actuaba ás ordes do rex á fronte da reducida cabalería do exército.

Ao desaparecer a monarquía, o cargo pasou á República Romana, pero dun xeito diferente a como existira baixo aquela. Así, o sistema romano de maxistraturas ordinarias utilizaba sempre o principio de colexialidade, polo cal, cando se producía unha emerxencia que facía necesario designar un Ditador, este nomeaba como lugartenente seu un Magister Equitum. En teoría, este encargábase de dirixir a cabalería do exército romano, mentres que o Ditador mandaba a infantería.

Este cargo correu a mesma sorte que a Ditadura, e deixou de se utilizar no século -II.

No Baixo Imperio, o título de Magister Equitum foi recuperado como un alto honor da Corte imperial, que se asignaba a militares prestixiosos e de grande experiencia para exercer o mando das unidades de elite de cabalería dos exércitos imperiais.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Fontes clásicasEditar