Ditador

gobernante absolutista ou autocrático que asume solitariamente o poder sobre un Estado

Un ditador[1] é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.[2]

Adolf Hitler paradigma de ditador

Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Orixe romano editar

Os ditadores romanos eran xeralmente propostos por un cónsul[3] e eran investidos dunha autoridade avasaladora sobre os cidadáns, pero eran orixinalmente limitados por un mandato de seis meses e non posuían poderes sobre as finanzas públicas. Lucio Cornelio Sila e Xulio César, con todo, aboliron estas limitacións e gobernaron sen estas restricións. Os romanos abandonaron a institución da ditadura despois do asasinato de César.

Era moderna editar

Artigo principal: Ditadura.

Na súa acepción moderna, o termo ditador é xeralmente usado para describir un líder que posúe un extraordinario poder persoal, especialmente o poder de facer leis, sen que exista un poder lexislativo independente.

Ditadores modernos xeralmente ascenderon ao poder en tempos de crise. Moitas veces tomaron o poder a través dun golpe de estado, pero noutras, notablemente Benito Mussolini en Italia e Adolf Hitler en Alemaña, ascenderon ao cargo a través de medios legais e, unha vez no poder, gradualmente disolveron as súas restricións constitucionais. A concentración de poder do Partido Comunista da Unión Soviética en Iosif Stalin desenvolveuse nunha ditadura persoal, pero tras a súa morte emerxeu un sistema de ditadura colectiva. Diversas nacións latinoamericanas e africanas pasaron por diversas ditaduras, moitas baixo o mando dunha xunta militar, por exemplo en Uganda, onde Idi Amin exercía o seu poder.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ditador.
  2. Passeiweb (ed.). "Ditadura: 1. A ditadura na Roma antiga e nos dias atuais" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 26/11/2020. Consultado o 11/01/2015. 
  3. Enciclopedia Británica (ed.). "dictador" (en inglés). Consultado o 11/01/2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.