Tito Livio
Tito Livio (en latín Titus Livius), nado en Padua no 64 ou 59 a. C. e finado no 17 d. C., foi un historiador romano, autor de Ab urbe condita libri (Desde a fundación da Cidade), que relata a historia de Roma desde a fundación tradicional no ano 753 a.C. até a morte de Druso no 9 a.C.. En total componse de 142 libros, dos que só se conservan 35.
Tito Livio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 59 a. C. |
Lugar de nacemento | Padua |
Falecemento | 17 |
Lugar de falecemento | Padua |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Etnia | Romans |
Ocupación | historiador, escritor e poeta |
Coñecido por | Ab urbe condita libri |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Livio naceu nunha familia rica de provincias e trasladouse de mozo a Roma, estudando nela retórica e filosofía. Tiña ideas conservadoras e republicanas, mais non entrou nunca en política. Adquiriu fama a partir do 27-25 a.C., cando encetou a preparación de Ab Urbe Condita, obra na que se ocupou até á súa morte.
Augusto, a cuxo círculo pertenceu, confioulle a educación do seu neto adoptivo, o futuro emperador Claudio, a pesar das súas ides republicanas. En troques, Livio aceptara a pax augusta e, aínda que el fose partidario de Pompeio, aprobou a enorme reforma emprendida por Augusto. Tivo dous fillos.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tito Livio |