Cursus honorum
Roma | |
---|---|
Monarquía | |
República | |
Imperio | |
Principado | Dominado |
Imperio de Occidente | Imperio de Oriente |
Maxistrados Ordinarios: | |
Maxistrados Extraordinarios: | |
Oficiais e Títulos: | |
Institucións e normas: | |
A carreira política en Roma recibía o nome de cursus honorum ("carreira dos honores")[1], que consistía nunha sucesión das etapas que os cidadáns que se adicaban á vida pública tiñan que seguir. Os aspirantes debían ir subindo chanzos progresivamente, de tal xeito que para acadar unha maxistratura tíña que ascender dende a escala inmediatamente inferior. O cursus honorum comprendía catro etapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.
- Os cuestores tiñan como función coidar da facenda pública e levar as contas do estado.
- Os edís estaban encargados de velar polo bo funcionamento da administración municipal e ademais controlaban os festexos, os mercados e coidaban os templos.
- Os pretores encargábanse da administración de xustiza.
- Os cónsules debían ser dous. Tiñan o poder supremo e eran os xefes do exército e presidían o Senado.Había dous cónsules anuais, chamados ordinarii ou ordinarios, que daban nome ao ano (epónimos), e un ou máis substitutos ou suffecti.
Ademais destes cargos existían outros que non pertencían ao cursus honorum:
- Tribunos da plebe: velaban polos dereitos dos plebeos.
- Censores: confeccionaban o censo de cidadáns e vixiaban a pureza dos costumes.
- Ditador: era unha maxistratura extraordinaria á que só se recorría cando as graves circunstancias así o requirían, polo que todos os poderes se concentraban nunha persoa. Dispuña dun prazo de seis meses para resolver o problema que suscitara a súa proclamación.
NotasEditar
- ↑ Villegas Darrouy, Fernando (2012). Julio Cesar para jovenes y no tanto (EPUB - DRM) . Sudamericana. ISBN 9789562623841.