Abrir o menú principal
O Santo dos Croques, popularmente identificado co Mestre Mateo, no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, "que dirixiu a obra de ditos portais desde os seus alicerces".

Mestre de obras, ás veces chamado Mestre maior de obras, é a denominación histórica dun oficio da construción, que desempeñou as funcións de arquitecto, do que foi sinónimo até a Idade Moderna.

Pode relacionarse co oficio de tradición musulmá do alarife ou mestre de albanelaría mudéxar.[1]

A partir da Idade Contemporánea é de uso máis habitual a denominación de aparellador,[2] oficio que se identificaba coas funcións técnicas do mestre de obras. Posteriormente foron xurdindo distintas denominacións establecidas como graos académicos: o de arquitecto técnico,[3] e o de enxeñeiro de edificación.[4]

Non debe confundirse co oficio de Mestre de Maiores ou Mestre de Maiores e Retórica, un cargo docente.

NotasEditar

  1. alarife, 1ª acep., no Dicionario da RAG.
  2. aparelllador, no Dicionario da RAG.
  3. arquitecto técnico, no Dicionario da RAG.
  4. "Aparejador: La profesión". COAAT Sevilla (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2018. ...se distingue con claridad la figura del Aparejador, que jerárquicamente se halla en la escala profesional por encima de los Maestros-Constructores y un grado inferior a los Maestros Mayores o Arquitectos. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.