Fernando IV de León e Castela

Fernando IV de Borgoña, o Emprazado, nado en Alcázar de San Juan[Cómpre referencia] en 1285 e finado en Xaén en 1312, foi rei de Castela e de León desde 1295 ata a súa morte. Era fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, neto de Afonso X o Sabio.

Modelo:BiografíaFernando IV de León e Castela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1285 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1312 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Xaén, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia de San Hipólito (Córdoba) Editar o valor en Wikidata
Monarca de Castela e León
1295 – 1312
← Sancho IV de CastelaAfonso XI de Castela → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Emplazado Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Castela Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónrei Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela
Rei de Galicia
Rei de León
Rei de Toledo Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConstança de Portugal (1302 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosLeonor de Castela II, Afonso XI de Castela Editar o valor en Wikidata
PaisSancho IV de Castela Editar o valor en Wikidata  e María de Molina Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro de Castela (1290–1319)
Felipe de Castela
Enrique de Castilla y Molina
Alfonso de Castilla
Isabel de Castela
Beatriz de Castela
Violante Sánchez of Castile Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Castilla-116 Find a Grave: 3973 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Fernando IV de León e Castela

Ó final do seu reinado ostentaba os títulos de Rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén e o Algarve.

Casou con Constanza de Portugal, filla de Dinís de Portugal, coa que tivo dous fillos:

Traxectoria

editar

Rexencia

editar

Tiña nove anos cando morreu o seu pai, polo que asumiu a rexencia e titoría a súa nai, María de Molina, ata que o rei acadou a maioría de idade en 1301. Fernando fora xa proclamado rei en Toledo en 1295, con numerosa representación dos tres brazos políticos de León e de Castela, mais este acto non foi senón o comezo duns anos turbulentos en que non cesaron as intrigas e as loitas polo poder por parte da nobreza e dos reis de Aragón, Portugal e Francia.

Foi un reinado azaroso e difícil. Durante catorce anos desatouse unha grande anarquía contra a que loitou con bastante tino a raíña rexente, muller moi sabia e de grande intelixencia e dominio político. María de Molina puido conter bastantes desaforos e conseguiu manter no trono o seu fillo Fernando. As loitas internas e rivalidades viñan como unha herdanza do reinado anterior. De novo saíron á luz as pretensións do infante Juan, Señor de Valencia de Campos (tío do novo rei, que fora inimigo acérrimo do seu propio irmán Sancho IV) e as do primoxénito de la Cerda, o fillo de Fernando de la Cerda (neto, xa que logo, de Afonso X o Sabio), e por tanto, curmán do rei Fernando IV. Estes dous inimigos souberon aliarse co rei de Portugal, Afonso IV o Bravo, co de Aragón, Xaime II o Xusto e co de Francia, Filipe IV o Fermoso, que era señor de Navarra e que quixo aproveitar as loitas e desavinzas para alargar os seus dominios, propósito que non daría conseguido.

Os nobres levantábanse contra o rei e pedían novas mercés en troques de lealdade, mais unha vez obtidas, volvían ós seus feudos para maquinaren novas sublevacións. Pouco e pouco, e grazas ó gran prestixio que tiña pola súa pericia en asuntos políticos, María de Molina foi conseguindo desarmar estes nobres sublevados. Mesmo o infante Xoán chegou a prestar obediencia ó rei, e o rei de Portugal acalentou os seus ánimos belicosos. María de Molina loitou con tódalas súas armas por manter en paz o trono e poderllo entregar ó seu fillo en condicións bastante favorables, se ben os historiadores contan que cando Fernando IV acadou a maioría de idade se mostrou ingrato coa súa nai e incluso lle pediu contas do investimento dos fondos públicos, fondos que se empregaran en boa parte para manter a paz. A raíña nai soubo afrontar con enteireza e dignidade a situación de humillación en que a puña o fillo, e presentou dilixentemente as contas, que reflectían como ela mesmo contribuíra ao erario con diñeiro propio. Tamén presentou as xoias de Sancho IV, intactas, e mais as súas propias, a requirimento do seu fillo.

Reinado

editar

Unha das decisións importantes do novo rei foi o acordo de fronteiras co rei de Aragón en 1304, chamado Sentenza Arbitral de Torrellas: o límite para Castela estableceuse na marxe dereita do río Segura, incluíndo a cidade de Murcia. Foi un convenio pouco favorable para Castela. Despois quixo aplacar as pretensións do seu curmán Alfonso de la Cerda, para o que mandou que se lle concedesen moitas vilas e lugares. A paz durou pouco, pois o outro rival, o seu tío o infante Juan, rebelouse de novo, aínda que finalmente María de Molina conseguiu facer fracasar o intento.

Uniuse cos reis de Aragón e Portugal para a conquista de Granada, pero este intento foi un fracaso. Si tivo éxito na conquista de Xibraltar, onde entrou triunfante en agosto de 1305.

Fernando IV tiña na mente atacar e conquistar Alxeciras, que era unha praza moi importante, pero lle sorprendeu a morte na preparación desta empresa en Xaén. Unha lenda sobre a súa morte fala da maldición dos irmáns Carvajales, inimigos do monarca.

A lenda conta que Fernando IV sentía un grande odio por estes dous rivais, Juan e Pedro Alfonso de Carvajal. Pediu ó seu favorito Juan Alfonso de Benavides que os asasinase. Houbo unha loita en lexítima defensa, pero como no altercado morreu o nobre favorito do rei, este mandou prender ós irmáns, que foron achados e detidos na feira de Medina del Campo (Valladolid), cando compraban os arreos para os seus cabalos. O castigo consistiu en encerralos nunha gaiola no castelo de Martos (preto de Xaén), e guindalos ós poucos días polo precipicio. Os irmáns Carvajal declaráranse inocentes, pois a morte do nobre fora en defensa propia e non por asasinato, así que no momento antes de morrer emprazaron ó rei a unha morte segura cando pasase un mes, no caso de seren realmente inocentes, (xuízo de Deus). O rei morreu ó mes xusto da execución, por iso foi coñecido como o Emprazado.


Fernando IV de León e Castela
Nacemento: 6 de decembro 1285 Falecemento: 7 de setembro 1312


Títulos Reais
Precedido por
Sancho IV


Rei de Castela
1295–1296 e 1304–1312
Sucedido  por
Alfonso de la Cerda
Entre 1296 e 1304

Afonso XI
Rei de Toledo
1295–1296 e 1304–1312
Rei de Xaén
1295–1296 e 1304–1312
Rei de Córdoba
1295–1296 e 1304–1312
Rei de Murcia
1295–1296 e 1304–1312
Sucedido  por
Xaime II de Aragón
Entre 1296 e 1304
Afonso XI
Rei de León
1295–1296 e 1300–1312
Sucedido  por
Xoán Afonso de Borgoña
Entre 1296 e 1300

Afonso XI
Rei de Galiza
1295–1296 e 1300–1312
Rei de Sevilla
1295–1296 e 1300–1312

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Obras específicas sobre Fernando IV e a súa época

editar
  • Benavides, Antonio (1860). Memorias de Don Fernando IV de Castilla. dos tomos (1ª ed.). Madrid: Imprenta de Don José Rodríguez. 
  • Coria Colino, Jesús J.; Francia Lorenzo, Santiago (1999). Reinado de Fernando IV (1295-1312) (1ª ed.). Palencia: Aretusa. ISBN 84-605-9954-X. 
  • González Mínguez, César (1995). Fernando IV, 1295-1312 (1ª ed.). Palencia: La Olmeda. ISBN 84-8173-027-0. 
  • González Mínguez, César (1974). Consejo de Cultura de la Diputación Foral de Alava, ed. Contribución al estudio de las Hermandades en el reinado de Fernando IV de Castilla. Vitoria. ISBN 8450062136. 
  • Torres Fontes, Juan (1980). Academia Alfonso X el Sabio. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, ed. Documentos de Fernando IV (1ª ed.). ISBN 84-00-04659-5. 
  • Ayerbe Iríbar, María Rosa; González Mínguez, César (1993). "Concejos, Cortes y Hemandades durante el Reinado de Fernando IV de Castilla (1295-1312)". En Universidade do País Vasco, Servizo de Publicacións. Estudios dedicados a la memoria del profesor L. M. Díaz de Salazar Fernández. ISBN 84-7585-395-1. 
  • Foronda, François; Carrasco Manchado, Ana Isabel; González Mínguez, César (2008). "La participación concejil en la estructura de poder de la corona de Castilla durante el reinado de Fernando IV (1295-1312)". En Dykinson. El contrato político en la Corona de Castilla: cultura y sociedad políticas entre los siglos X y XVI. pp. 97–121. ISBN 978-84-9849-225-5. 
  • Gómez Redondo, Fernando (1999). "El "Zifar" y la "Crónica de Fernando IV"". La corónica: A Journal of Medieval Hispanic Languages, Literatures & Cultures (en inglés) (Division of Spanish Medieval Language and Literature (MLA)) 27 (3): 105–124. ISSN 0193-3892. 
  • González Mínguez, César (2004). "Fernando IV de Castilla (1295-1312): Perfil de un reinado". Espacio, Tiempo y Forma, Serie III, H." Medieval (en castellano) (Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), Facultad de Geografía e Historia) (17): 223–244. ISSN 0214-9745. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  • González Mínguez, César (1999). "La nobleza castellano-leonesa en tiempos de Fernando IV (1295-1312): una aproximación desde la historia del poder". En Fundación Rei Afonso Henriques. El tratado de Alcañices: ponencias y comunicaciones de las Jornadas conmemorativas del VII centenario del Tratado de Alcañices (1297-1997): Zamora y Alcañices, del 8 al 12 de septiembre de 1997. pp. 249–277. ISBN 84-89981-04-3. 
  • González Mínguez, César (1983). "Algunos datos sobre la población de Castilla durante el reinado de Fernando IV". En Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. El pasado histórico de Castilla y León:actas del I Congreso de Historia de Castilla y León celebrado en Valladolid, del 1 al 4 de diciembre de 1982. pp. 87–99. ISBN 84-500-9815-7. 
  • González Mínguez, César; Urcelay Gaona, Hegoi (2005). "La crisis bajomedieval en Castilla durante el reinado de Fernando IV a través de las reuniones de Cortes (1295-1312)". Acta historica et archaeologica mediaevalia (en catalán) (Barcelona: Universidade de Barcelona: Servizo de Publicacións e Facultade de Xeografía e Historia) (26): 285–306. ISSN 0212-2960. 
  • Masià de Ros, Angels (1992). "Las pretensiones de los infantes de La Cerda a la Corona de Castilla en tiempos de Sancho IV y Fernando IV: El apoyo aragonés". Medievalia (Universitat Autónoma de Barcelona, Institut d'Estudis Medievals) (en catalán) (Barcelona: Universitat Autónoma de Barcelona, Institut d'Estudis Medievals) (10): 255–280. ISSN 0211-3473. 
  • Martínez, Purificación (2000). "La historia como vehículo político: la figura real en la "Crónica de Alfonso XI"". Espacio, tiempo y forma. Serie III, Historia medieval (Universidad Nacional de Educación a Distancia, UNED) (13). ISSN 0214-9745. 
  • Nieto Soria, José Manuel; López-Cordón Cortezo, María Victoria; González Mínguez, César (2008). "Crisis sucesoria y conflictividad social durante el reinado de Fernando IV de Castilla (1295-1312)". Gobernar en tiempos de crisis: las quiebras dinásticas en el ámbito hispánico: 1250-1808 (1ª ed.). Madrid: Sílex ediciones. pp. 339–368. ISBN 978-84-7737-215-8. 
  • O'Callaghan Martínez, Joseph (1986). "Las Cortes de Fernando IV: cuadernos inéditos de Valladolid 1300 y Burgos 1308". Historia, instituciones, documentos (Sevilla: Universidad de Sevilla: Departamento de Historia Medieval y Ciencias y Técnicas Historiográficas) (13): 315–328. ISSN 0210-7716. Consultado o 1 de setembro de 2009. 
  • Pascual Martínez, Lope (1994-1995). "Apuntes para un estudio de la Cancillería del rey Fernando IV de Castilla (1285-1312)". Estudis castellonencs (Castellón: Diputació de Castelló: Servei de Publicacions) (6): 1021–1036. ISSN 1130-8788. 
  • Rucquoi, Adeline (1987). "Pouvoir royal et oligarchies urbaines d´Alfonso X à Fernando IV". Génesis medieval del Estado Moderno: Castilla y Navarra (1250-1370). Ámbito Ediciones. pp. 173–192. ISBN 84-86047-93-5. 
  • Ruíz Souza, Juan Carlos (2006). "Capillas Reales funerarias catedralicias de Castilla y León: nuevas hipótesis interpretativas de catedrales de Sevilla, Córdoba y Toledo". Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte (Madrid: Editores Universidad Autónoma de Madrid: Departamento de Historia y Teoría del Arte) (18): 9–30. ISSN 1130-5517. 
  • Santamaría Torquemada, Guillermo (1990). "La legislación en Cortes sobre la Cancillería de Fernando IV: 1295-1312". En Cortes de Castilla y León. Las Cortes de Castilla y León, 1188-1988: Actas de la tercera etapa del Congreso Científico sobre la historia de las Cortes de Castilla y León, León, del 26 a 30 de septiembre de 1988. León. pp. 285–300. ISBN 84-87119-03-4. 
  • Santamaría Torquemada, Guillermo (1990). "Cancilleres y notarios en la Cancillería de Fernando IV (1295-1312)". En Universidad Complutense. Congreso de jóvenes historiadores y geógrafos: actas I: [celebrado en la Facultad de Geografía e Historia de la Universidad Complutense de Madrid del 12 al 16 de diciembre de 1988. Madrid. pp. 767–776. ISBN 84-7491-295-4. 
  • Stefano, Giuseppe di (1988). "Emplazamiento y muerte de Fernando IV entre prosas históricas y romancero: Una aproximación"". Nueva revista de filología hispánica (en español) (México: Editores El Colegio de México: Centro de Estudios Lingüísticos y Literarios) 36 (2): 879–934. ISSN 0185-0121. 
  • Torres Fontes, Juan (1948-1949). "Privilegios de Fernando IV a Murcia". Anuario de historia del derecho español (Madrid: Ministerio de Justicia, Boletín Oficial del Estado, BOE) (19): 557–576. ISSN 0304-4319. 
  • Valladares Reguero, Aurelio (1995). "La muerte de los hermanos Carvajales y Fernando IV: fortuna literaria de un tema de ambientación jienense". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (Jaén: Instituto de Estudios Giennenses) (157): 199–247. ISSN 0561-3590.