Xoán I de Galiza e León

Rei de Galiza e León
(Redirección desde «Xoán Afonso de Borgoña»)

Xoán I de Galiza e León, nado en Sevilla cara a 1262 e finado en Pinos Puente (reino de Granada) o 25 de xuño de 1319, foi un fillo de Afonso X o Sabio e da raíña Violante de Aragón e Hungría.

Infotaula de personaXoán I de Galiza e León

Sepulcro na Catedral de Burgos
Biografía
Nacemento1262 Editar o valor em Wikidata
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xuño de 1319 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Pinos Puente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCapilla Mayor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rexente
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría Díaz de Haro (en) Traducir
Margaret of Montferrat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJuan de Haro (en) Traducir
 () María Díaz de Haro (en) Traducir
Alfonso, Lord of Valencia de Campos (en) Traducir
 () Margaret of Montferrat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAfonso X o Sabio Editar o valor em Wikidata  e Violante de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeatriz de Castela (pt) Traducir, Berenguela de Castela, Violante de Castela (pt) Traducir, Beatriz de Castela I (pt) Traducir, Sancho IV de Castela, Pedro de Castela (pt) Traducir, Fernando de La Cerda (pt) Traducir, Jaime de Castela (pt) Traducir, Alfonso Fernández el Niño (en) Traducir, Constança de Castela (pt) Traducir e Leonor de Castela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Apoiado polo Rei Dinís I de Portugal, o infante Xoán aspirou á coroa de Castela, Galiza e León na hora da morte do seu pai Afonso X. Coroa que foi usurpada finalmente polo seu irmán Sancho IV en disputa tamén cos partidarios dos fillos do falecido herdeiro dos reinos Fernando de la Cerda. Derrotado, Xoán fuxiu o exilio, regresando na hora da morte de Sancho no 1295[1].

Foi nomeado titor do seu sobriño Fernando IV, e argumentando que o matrimonio de Sancho IV e a súa prima María de Molina non era válido por consanguinidade, erixiuse en cabeza de importantes grupos nobiliarios que o coroaron rei de Galiza, León e Sevilla no ano 1296[2]. A coroación de Xoán I expresa a vontade dos núcleos reitores da sociedade galega por contar cun reino de seu, arredado de Castela e achegado a Portugal. O apoio do Rei Dinís I e dos tres Adiantados Maiores que tivo o reino galego no período: Xoán Afonso de Alburquerque, Fernando Rodríguez de Castro e Paio Gómes Chariño, así o testemuñan[3]. A implicación da coroa portuguesa no proxecto contou mesmo coa conformidade do seu consello de estado e foi negociado na vila de Mota por Rodrigo Álvarez Osorio e o propio Dinís I[4]. Malia a este apoio, o rei Xoán viuse obrigado a pactar a renuncia ao título rexio no ano 1301.

Posteriormente, en 1312, tras a morte de Fernando IV, foi nomeado titor de Afonso XI. Señor de Valencia de Campos e señor consorte de Biscaia polo seu matrimonio con María Díaz de Haro. Foi ademais señor de Baena, Luque, Zuheros, Lozoya, Villalón, Oropesa, Santiago de la Puebla, Melgar de Arriba, Paredes de Nava, Medina de Rioseco e Castronuño, ademais de ser alférez do rei durante os períodos comprendidos entre 1277-1278 e 1283-1284. Morreu no Desastre de la Vega de Granada, acaecido o 25 de xuño de 1319.

Notas editar

  1. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 400–403. ISBN 978-84-8341-293-0. 
  2. Boto Varela, Gerardo (2004). "Congreso Internacional "La Catedral de León en la Edad Media"". Sobre reyes y tumbas en la catedral de León (PDF). Universidad de León. pp. 305–365. ISBN 84-9773-161-1. 
  3. González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 422. ISBN 84-7154-303-6. 
  4. González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. pp. 422–425. ISBN 84-7154-303-6. ...e el pleito havianle tratado e puesto de esta manera, que diesen luego al infante Don Juan todo el reino de Galicia, e que se llamase ende Rey, e que toviese en su vida la ciudad de León e todos los lugares que havia tomados - Crónica del Rey don Fernando IV 

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Xoán I. O restaurador da independencia da Galiza.
(Nós Diario, 20.10.2022)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Xoán I de Galiza e León
Nacemento: 1264 Falecemento: 25 de Xuño 1319


Títulos Reais
Precedido por
Fernando IV


Rei de Galicia
1296–1300
Sucedido  por
Fernando IV
Rei de León
1296–1300
Rei de Sevilla
1296–1300