Fernando IV de León e Castela

(Redirixido desde "Fernando IV o Emprazado")

Fernando IV de Borgoña, o Emprazado, nado en Alcázar de San Juan[Cómpre referencia] en 1285 e finado en Xaén en 1312, foi rei de Castela e de León desde 1295 ata a súa morte. Era fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, neto de Afonso X o Sabio.

Fernando IV de León e Castela
Fernando IV de Castilla (Ayuntamiento de León).jpg
AlcumeEl Emplazado
Nacemento6 de decembro de 1285
 Alcázar de San Juan
Falecemento7 de setembro de 1312 e 7 de decembro de 1312
 Xaén
SoterradoRoyal Collegiate Church of Saint Hippolytus
NacionalidadeCoroa de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupaciónrei
PaiSancho IV de Castela
NaiMaría de Molina
CónxuxeConstança de Portugal
FillosLeonor de Castela II e Afonso XI de Castela
IrmánsPedro de Castela (1290–1319), Philip of Castile, Lord of Cabrera and Ribera, Enrique de Castilla y Molina, Alfonso de Castilla, Isabel de Castela, Beatriz de Castela II e Violante Sánchez de Castilla
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Fernando IV de León e Castela

Ó final do seu reinado ostentaba os títulos de Rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén e o Algarve.

Casou con Constanza de Portugal, filla de Dinís de Portugal, coa que tivo dous fillos:

TraxectoriaEditar

RexenciaEditar

Tiña nove anos cando morreu o seu pai, polo que asumiu a rexencia e titoría a súa nai, María de Molina, ata que o rei acadou a maioría de idade en 1301. Fernando fora xa proclamado rei en Toledo en 1295, con numerosa representación dos tres brazos políticos de León e de Castela, pero este acto non foi senón o comezo duns anos turbulentos en que non cesaron as intrigas e as loitas polo poder por parte da nobreza e dos reis de Aragón, Portugal e Francia.

Foi un reinado azaroso e difícil. Durante catorce anos desatouse unha grande anarquía contra a que loitou con bastante tino a raíña rexente, muller moi sabia e de grande intelixencia e dominio político. María de Molina puido conter bastantes desaforos e conseguiu manter no trono ó seu fillo Fernando. As loitas internas e rivalidades viñan como unha herdanza do reinado anterior. De novo saíron á luz as pretensións do infante Juan, Señor de Valencia de Campos, (tío do novo rei, que fora inimigo acérrimo do seu propio irmán Sancho IV, e as do primoxénito de la Cerda, o fillo de Fernando de la Cerda, (fillo á súa vez de Afonso X o Sabio), e por tanto, curmán do rei Fernando IV. Estes dous inimigos souberon aliarse co rei de Portugal, Afonso IV o Bravo, co de Aragón, Xaime II e co de Francia, Filipe IV o Fermoso, que era señor de Navarra e que quixo aproveitar as loitas e desavinzas para ensanchar os seus dominios, pero non conseguiu nada.

Os nobres levantábanse contra o rei e pedían novas mercedes en pago dunha certa lealdade, pero unha vez obtidas volvían ós seus feudos para maquinar novas sublevacións. Pouco a pouco e grazas ó gran prestixio que tiña e ó bo facer político, María de Molina foi conseguindo desarmar estes nobres sublevados. Mesmo o infante Xoán chegou a prestar obediencia ó rei, e o rei de Portugal aplacou os seus ánimos belicosos. María de Molina loitou con tódalas súas armas por manter en paz o trono e poderllo entregar ó seu fillo en condicións bastante favorables, aínda que os historiadores contan que cando Fernando IV acadou a maioría de idade se mostrou ingrato coa súa nai e incluso lle pediu contas do investimento dos fondos públicos, fondos que se empregaran en boa parte para manter a paz. A raíña nai soubo afrontar con enteireza e dignidade a situación de humillación na que a puña o seu fillo e presentou as contas ó pé da letra, nas que se podía ver como ela puxera diñeiro propio para o erario. Tamén presentou as xoias de Sancho IV, intactas, a requirimento do seu fillo, máis as súas propias.

ReinadoEditar

Unha das decisións importantes do novo rei foi o acordo de fronteiras co rei de Aragón en 1304, chamado Sentencia Arbitral de Torrellas: o límite para Castela estableceuse na marxe dereita do río Segura, incluíndo a cidade de Murcia. Foi un convenio pouco favorable para Castela. Despois quixo aplacar as pretensións do seu curmán Alfonso de la Cerda, para o que mandou que se lle concedesen moitas vilas e lugares. A paz durou pouco, pois o outro rival, o seu tío o infante Juan, rebelouse de novo, aínda que finalmente María de Molina conseguiu facer fracasar o intento.

Uniuse cos reis de Aragón e Portugal para a conquista de Granada, pero este intento foi un fracaso. Si tivo éxito na conquista de Xibraltar, onde entrou triunfante en agosto de 1305.

Fernando IV tiña na mente atacar e conquistar Alxeciras, que era unha praza moi importante, pero lle sorprendeu a morte na preparación desta empresa en Xaén. Unha lenda sobre a súa morte fala da maldición dos irmáns Carvajales, inimigos do monarca.

A lenda conta que Fernando IV sentía un grande odio por estes dous rivais, Juan e Pedro Alfonso de Carvajal. Pediu ó seu favorito Juan Alfonso de Benavides que os asasinase. Houbo unha loita en lexítima defensa, pero como no altercado morreu o nobre favorito do rei, este mandou prender ós irmáns, que foron achados e detidos na feira de Medina del Campo (Valladolid), cando compraban os arreos para os seus cabalos. O castigo consistiu en encerralos nunha gaiola no castelo de Martos (preto de Xaén), e guindalos ós poucos días polo precipicio. Os irmáns Carvajal declaráranse inocentes, pois a morte do nobre fora en defensa propia e non por asasinato, así que no momento antes de morrer emprazaron ó rei a unha morte segura cando pasase un mes, no caso de seren realmente inocentes, (xuízo de Deus). O rei morreu ó mes xusto da execución, por iso foi coñecido como o Emprazado.


Fernando IV de León e Castela
Nacemento: 6 de Decembro 1285 Falecemento: 7 de Setembro 1312


Títulos Reais
Precedido por
Sancho IV


Rei de Castela
1295–1296 e 1304–1312
Sucedido  por
Alfonso de la Cerda
Entre 1296 e 1304

Afonso XI
Rei de Toledo
1295–1296 e 1304–1312
Rei de Xaén
1295–1296 e 1304–1312
Rei de Córdoba
1295–1296 e 1304–1312
Rei de Murcia
1295–1296 e 1304–1312
Sucedido  por
Xaime II de Aragón
Entre 1296 e 1304
Afonso XI
Rei de León
1295–1296 e 1300–1312
Sucedido  por
Xoán Afonso de Borgoña
Entre 1296 e 1300

Afonso XI
Rei de Galiza
1295–1296 e 1300–1312
Rei de Sevilla
1295–1296 e 1300–1312

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

|título=Valerio de las historias de la sagrada escritura, y de los hechos de España|url=http://books.google.es/books?id=F8XtAPPS4lgC&printsec=frontcover&dq=inauthor:%22Diego+Rodr%C3%ADguez+de+Almela%22&lr=#v=onepage&q&f=false |edición=Reedición|ano=1793|lugar=Madrid|isbn=}}

  • Salazar y Mendoza, Pedro de; Soria Mesa, Enrique; Carrillo, Alonso (1998). Universidad de Granada, ed. El origen de las dignidades seglares de Castilla y León (1ª ed.). Granada. ISBN 84-338-2453-8.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)
  • Salcedo Hierro, Miguel (2000). La Mezquita, Catedral de Córdoba (1ª ed.). Córdoba: Publicaciones de la Obra Social y Cultural de Cajasur. ISBN 8479593407. 
  • Valdeón Baruque.  Falta o |title= (Axuda)|nome=Julio|ligazónautor=Julio Valdeón Baruque|editorial=Ediciones Temas de Hoy, S.A.|título=Alfonso X: la forja de la España moderna|edición=1ª|ano=2003|lugar=|isbn=84-8460-277-X}}
  • Valdeón Baruque, Julio (1986). Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura, ed. Alfonso X el Sabio (1ª ed.). Castilla y León. ISBN 84-505-3366-X. 
  • Valle Curieses, Rafael (2000). María de Molina: el soberano ejercicio de la concordia: (1260-1321). Madrid: Alderabán. ISBN 84-95414-03-1. 
  • VV.AA.; El Grupo Arca (1995). Universidad de Córdoba, ed. Guía artística de la provincia de Córdoba. Córdoba: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Córdoba. ISBN 84-7801-285-0.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)
  • Ximena Jurado, Martín (1991). Universidad de Granada, ed. Catálogo de los Obispos de las Iglesias Catedrales de Jaén y Anales eclesiásticos de este Obispado (1ª ed.). Granada. ISBN 84-338-1350-1. 
  • Ybarra y López-Dóriga, Fernando de, Marqués de Arriluce de Ybarra (1997). Real Academia Sevillana de Buenas Letras, ed. Un largo siglo de amores y desamores en el Alcázar de Sevilla (1248-1368) (1ª ed.). Sevilla. ISBN 84-8093-016-0. 
  • Zurita, Jerónimo (2005). Anales de Aragón (1ª ed.). Institución Fernando el Católico. ISBN 84-7820-823-2. 

Obras específicas acerca de Fernando IV y su épocaEditar

|editorial=Aretusa|título=Reinado de Fernando IV (1295-1312)|edición=1ª|ano=1999|lugar=Palencia|isbn=84-605-9954-X}}

|editor=Universidad del País Vasco, Servicio de Publicaciones|título=Estudios dedicados a la memoria del profesor L. M. Díaz de Salazar Fernández||ano=1993|isbn=84-7585-395-1|capítulo=Concejos, Cortes y Hemandades durante el Reinado de Fernando IV de Castilla (1295-1312)}}

  • Foronda, François; Carrasco Manchado.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda); Falta o |title= (Axuda), Ana Isabel; González Mínguez}}, César|editor=Dykinson|título=El contrato político en la Corona de Castilla: cultura y sociedad políticas entre los siglos X y XVI|ano=2008|isbn=978-84-9849-225-5|páxinas=97-121|capítulo=La participación concejil en la estructura de poder de la corona de Castilla durante el reinado de Fernando IV (1295-1312)}}
  • Gómez Redondo, Fernando (1999). "El "Zifar" y la "Crónica de Fernando IV"". La corónica: A Journal of Medieval Hispanic Languages, Literatures & Cultures (en inglés) (Division of Spanish Medieval Language and Literature (MLA)) 27 (3): 105–124. ISSN 0193-3892. 
  • González Mínguez, César (2004). "Fernando IV de Castilla (1295-1312): Perfil de un reinado". Espacio, Tiempo y Forma, Serie III, H." Medieval (en castellano) (Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), Facultad de Geografía e Historia) (17): 223–244. ISSN 0214-9745.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  • González Mínguez, César (1999). "La nobleza castellano-leonesa en tiempos de Fernando IV (1295-1312): una aproximación desde la historia del poder". En Fundación Rei Afonso Henriques. El tratado de Alcañices: ponencias y comunicaciones de las Jornadas conmemorativas del VII centenario del Tratado de Alcañices (1297-1997): Zamora y Alcañices, del 8 al 12 de septiembre de 1997. pp. 249–277. ISBN 84-89981-04-3. 
  • González Mínguez.  Falta o |title= (Axuda)|nome=César|ligazónautor=César González Mínguez|editor=Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura|título=El pasado histórico de Castilla y León:actas del I Congreso de Historia de Castilla y León celebrado en Valladolid, del 1 al 4 de diciembre de 1982|ano=1983|isbn=84-500-9815-7|páxinas=87-99|capítulo=Algunos datos sobre la población de Castilla durante el reinado de Fernando IV}}
  • González Mínguez, César; Urcelay Gaona.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda); Falta o |title= (Axuda), Hegoi|ano=2005|título=La crisis bajomedieval en Castilla durante el reinado de Fernando IV a través de las reuniones de Cortes (1295-1312)|publicación=Acta historica et archaeologica mediaevalia|número=26|páxinas=285-306|editorial=Universitat de Barcelona: Servicio de Publicaciones y Facultad de Geografía e Historia|lugar=Barcelona|issn=0212-2960|lingua=Catalán}}
  • Masià de Ros, Angels (1992). "Las pretensiones de los infantes de La Cerda a la Corona de Castilla en tiempos de Sancho IV y Fernando IV: El apoyo aragonés". Medievalia (Universitat Autónoma de Barcelona, Institut d'Estudis Medievals) (en catalán) (Barcelona: Universitat Autónoma de Barcelona, Institut d'Estudis Medievals) (10): 255–280. ISSN 0211-3473. 
  • Martínez, Purificación (2000). "La historia como vehículo político: la figura real en la "Crónica de Alfonso XI"". Espacio, tiempo y forma. Serie III, Historia medieval (Universidad Nacional de Educación a Distancia, UNED) (13). ISSN 0214-9745. 
  • Nieto Soria, José Manuel; López-Cordón Cortezo, María Victoria; González Mínguez, César (2008). "Crisis sucesoria y conflictividad social durante el reinado de Fernando IV de Castilla (1295-1312)". Gobernar en tiempos de crisis: las quiebras dinásticas en el ámbito hispánico: 1250-1808 (1ª ed.). Madrid: Sílex ediciones. pp. 339–368. ISBN 978-84-7737-215-8. 
  • O'Callaghan Martínez, Joseph (1986). "Las Cortes de Fernando IV: cuadernos inéditos de Valladolid 1300 y Burgos 1308". Historia, instituciones, documentos (Sevilla: Universidad de Sevilla: Departamento de Historia Medieval y Ciencias y Técnicas Historiográficas) (13): 315–328. ISSN 0210-7716.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  • Pascual Martínez, Lope (1994-1995). "Apuntes para un estudio de la Cancillería del rey Fernando IV de Castilla (1285-1312)". Estudis castellonencs (Castellón: Diputació de Castelló: Servei de Publicacions) (6): 1021–1036. ISSN 1130-8788. 
  • Rucquoi, Adeline (1987). "Pouvoir royal et oligarchies urbaines d´Alfonso X à Fernando IV". [Génesis medieval del Estado Moderno: Castilla y Navarra (1250-1370) Génesis medieval del Estado Moderno: Castilla y Navarra (1250-1370)] |url= incorrecto (Axuda). Ámbito Ediciones. pp. 173–192. ISBN 84-86047-93-5. 
  • Ruíz Souza, Juan Carlos (2006). "Capillas Reales funerarias catedralicias de Castilla y León: nuevas hipótesis interpretativas de catedrales de Sevilla, Córdoba y Toledo". Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte (Madrid: Editores Universidad Autónoma de Madrid: Departamento de Historia y Teoría del Arte) (18): 9–30. ISSN 1130-5517. 
  • Santamaría Torquemada, Guillermo (1990). "La legislación en Cortes sobre la Cancillería de Fernando IV: 1295-1312". En Cortes de Castilla y León. Las Cortes de Castilla y León, 1188-1988: Actas de la tercera etapa del Congreso Científico sobre la historia de las Cortes de Castilla y León, León, del 26 a 30 de septiembre de 1988. León. pp. 285–300. ISBN 84-87119-03-4. 
  • Santamaría Torquemada, Guillermo (1990). "Cancilleres y notarios en la Cancillería de Fernando IV (1295-1312)". En Universidad Complutense. Congreso de jóvenes historiadores y geógrafos: actas I: [celebrado en la Facultad de Geografía e Historia de la Universidad Complutense de Madrid del 12 al 16 de diciembre de 1988. Madrid. pp. 767–776. ISBN 84-7491-295-4. 
  • Stefano, Giuseppe di (1988). "Emplazamiento y muerte de Fernando IV entre prosas históricas y romancero: Una aproximación"". Nueva revista de filología hispánica (en español) (México: Editores El Colegio de México: Centro de Estudios Lingüísticos y Literarios) 36 (2): 879–934. ISSN 0185-0121. 
  • Torres Fontes, Juan (1948-1949). "Privilegios de Fernando IV a Murcia". Anuario de historia del derecho español (Madrid: Ministerio de Justicia, Boletín Oficial del Estado, BOE) (19): 557–576. ISSN 0304-4319. 
  • Valladares Reguero, Aurelio (1995). "La muerte de los hermanos Carvajales y Fernando IV: fortuna literaria de un tema de ambientación jienense". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (Jaén: Instituto de Estudios Giennenses) (157): 199–247. ISSN 0561-3590.