Río Segura
O río Segura (en latín Thader, en árabe Oued Al abyad, «río branco») é un río do sueste de España.
Río Segura | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lonxitude | 325 km |
Caudal medio | m3/s |
Desembocadura | Mar Mediterráneo |

O Segura nace en Fuente Segura, a 5 quilómetros de Pontón Bajo, no concello de Santiago-Pontones (Xaén). Percorre as provincias de Xaén, Albacete, Murcia e Alacant. Desemboca no mar Mediterráneo, en Guardamar del Segura (Alacant), tras un curso de 325 km, cubrindo a súa conca hidrográfica unha área de 19.525 km².
Afluentes Editar
- Río Madera
- Río Zumeta
- Río Tus
- Río Taibilla, 2,95 m³/s
- Río Mundo, 5,42 m³/s
- Río Alhárabe
- Río Benamor
- Río Argos
- Río Quípar, 0,79 m³/s
- Río Mula
- Río Pliego
- Río Guadalentín, tamén dito río Sangonera, e aínda Reguerón, 1,35 m³/s
- Rambla Nogalte
- Río Luchena
- Río Turrilla
- Río Torrealvilla