Eastern Telegraph Company

A Eastern Telegraph Company foi unha empresa de telecomunicacións, activa entre 1860 e 2013, coñecida popularmente en Galicia como O Cable Inglés.[1][2][3] [4][5]

Eastern Telegraph Company
Tiponegocio e organización
Data de fundación1860 e 1928
Data de disolución2013
Organización matrizCable & Wireless (Holding), Ltd.
Organización subsidiariaPCCW-HKT Telephone Limited e HKT
SedeLondres e Bracknell
PaísReino Unido
Na rede
http://www.cw.com/
editar datos en Wikidata ]
Cables da Eastern Telegraph en 1901.

O Cable Inglés

editar

A sede de Vigo inaugurouse o 27 de maio de 1873. Aos poucos días empezaba a funcionar o cable da mesma compañía entre Vigo e Carcavelos (Portugal)[Cómpre referencia], a única liña de telégrafo España até a inauguración en 1884 do cable entre Bilbao e Inglaterra. O 28 de maio de 1933, sesenta anos despois, o inicio do Cable Inglés foi recordado polo entón cronista da cidade, Avelino Rodríguez Elías[onde?]. Para a Eastern Telegraph C.° Ltd,[6] a importancia do Porto de Vigo estaba por encima dos de tódolos demais de España. Os cables da empresa foron amarrados nunha praia que había por debaixo das baterías da Laxe, na cal se construíu en 1876.

O primeiro director da estación do Cable Inglés en Vigo foi C. J. Murphy e dos varios funcionarios que desempeñaron ese cargo destacou John Rose, cuxa familia, enlazada por vínculos matrimoniais con familias viguesas, fixou a súa residencia en Vigo. Outro foi Lehmann, que se quedou a vivir en Vigo despois de xubilado, quen se adaptou de tal modo a esta terra, que falaba o castelán como un español e conversaba cos oriúndos na propia lingua destes. Outros funcionarios do Cable Inglés fixeron de Vigo a súa segunda patria, e a súas familias, pasaron a ser familias viguesas.

Entre 1873 e 1969 o "Cable Inglés" converteu Vigo nun dos referentes de Europa na comunicación por telégrafo. Polas oficinas da compañía transcorreron mensaxes que puideron atravesar o mundo. O éxito desas comunicacións dependía en boa medida de Antonio Vázquez, James Skinner, John Staton, Francisco Barcia e Fernando Merino, os últimos oficiais técnicos da Eastern Telegraph Company en Vigo.[7]

Os oficiais da Eastern Telegraph contribuíron ao impulso dos deportes en Vigo, especialmente o do fútbol. Xa xogando contra elementos vigueses, xa formando equipos con estes, aquí viñeron practicando o fútbol dende 1895. Quizais, cando por España adiante case nin se sabía da existencia do xogo. Grazas a iso, o fútbol vigués puido contar cun historial tan antigo, que xa en 1903 o Faro de Vigo publicou recensións dos desafíos que se xogaban no Malecón, sinalando que os oficiais do Cable Inglés compoñían un grande equipo. Grazas ao cable, en 1926 o xornal Faro de Vigo deu a primeira noticia da chegada do Plus Ultra a Buenos Aires.

  1. Mosquera, Javier (29/5/2013). "140 años de El Cable Inglés". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 5/10/2017. 
  2. "O Cable Inglés. Cooperativa cultural". www.ocableingles.com. Consultado o 9/10/2017. 
  3. "O Cable Inglés, S. Coop. Galega – Espazo Coop". espazo.coop (en castelán). Consultado o 9/10/2017. 
  4. Xosé Ramón Cabanelas. El mundo Vía-Vigo. Instituto de Estudos Vigueses. 
  5. Carbajo, Fernando Torres. "Las noticias del mundo pasaban por Vigo - Vigoe.es" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19/04/2019. Consultado o 9/10/2017. 
  6. "History of the Atlantic Cable & Submarine Telegraphy - Cable & Wireless". atlantic-cable.com. Consultado o 9/10/2017. 
  7. "Los últimos oficiales del ´Cable Inglés´". Faro de Vigo. Consultado o 9/10/2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar