Remismundo
Rei suevo de Galiza
Remismundo (finado no 469) foi un rei suevo de Gallaecia dende o 459 até a súa morte.
Remismundo | |
---|---|
Nacemento | século V |
Falecemento | 469 |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Ocupación | monarca |
Pai | Maldras |
[ editar datos en Wikidata ] | |
De acordo con Isidoro de Sevilla, Remismundo foi o fillo de Maldras[1]. No 459, a pouco de chegar suceder ó seu pai, foi destronado por Frumario e tivo que batallar nunha guerra civil contra este e contra Requimundo, tornándose de novo rei no ano 463, trala morte dos seus contrincantes[Cómpre referencia]. Casou coa filla do rei visigodo Teodorico II. Converteuse ó arianismo no 465, e no 467, despois do asasinato de Teodorico polo seu irmán Eurico, mandou saquear Conímbriga. No ano 468, ocupou Lisboa. Coa súa morte en 469, iníciase un período escuro na historia dos Suevos, do que existen poucos datos.
Remismundo Nacemento: ? Falecemento: 469
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Maldras |
Rei de Galicia Só no sur 459-459 |
Sucedido por Frumario |
Precedido por Requimundo (norte) e Frumario (sur), en guerra civil |
Rei de toda Galicia 463-469 |
Sucedido por Hermenerico Seguinte coñecido |
NotasEditar
- ↑ Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0-299-08700-X, páxina 218.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.