Hermenerico
Rei suevo de Galiza
Hermenerico (en latín: Hermenericus, Herminericus ou Hermanaricus) foi rei do Reino suevo de Galicia documentado por Antonio de Yepes, que, en principio, tería gobernado o reino de Galiza no 485[1] durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves no 469. Neste período os suevos eran maioritariamente cristiáns arianos, Hermenerico era presuntamente destrutor de igrexas e un perseguidor de cristiáns católicos.
Hermenerico | |
---|---|
Nacemento | século Vxuliano |
Falecemento | século Vxuliano |
Lugar de falecemento | Mérida |
Nacionalidade | Reino Suevo e Reino de Galicia |
Ocupación | monarca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tivo que reinar antes do ano 485 cando xa documentalmente se coñece o reinado de Veremundo. A falta de diversidade de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo e incluso da súa real existencia.
Predecesor: Remismundo ou Requiario II Últimos coñecidos |
Rei de Galicia Cara o ano 485 |
Sucesor: Veremundo ou Riciliano Seguintes coñecidos |
Notas editar
- ↑ "IDENTITY AND INTERACTION: The Suevi and the Hispano-Romans". scribd (en inglés). Archived from the original on 07 de novembro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2022.
Véxase tamén editar
Da escuridade ao esplendor. A nova monarquía sueva ente 469 e 570. |
Bibliografía editar
- López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.