Musa ibn Nusayr

Abu Abd ar-Rahman Musa ibn Nusayr ibn Abd ar-Rahman Zayd al-Lajmi (en árabe,أبوعبد الرحمن موسى بن نصير بن عبد الرحمن زيد اللخمي), coñecido simplemente como Musa[1], nado no Iemen cara ao 640 e finado en Damasco, actual Siria, no 716, foi un militar musulmán, gobernador e xeneral da dinastía Omeia.

Musa ibn Nusayr
Musa bin Nusayr - موسى بن نصير.png
Nacementoc. 640
Lugar de nacementoArabia Saudita
Falecementoc. 716
Lugar de falecementoDamasco e Hejaz
NacionalidadeCalifato omeia
RelixiónIslam
Ocupaciónlíder militar e Uale
FillosAbd al-Aziz ibn Musa
Na rede
WikiTree: Ibn_Nusair-1
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Participou na invasión musulmá da Península Ibérica, tomando parte na guerra civil que tiña lugar no Reino Visigodo entre os partidarios de Don Rodrigo e os de Akhila II, fillo de Vitiza. Foi este último quen solicitou a axuda de Musa, penetrando en territorio visigodo no 712.

Repartiu os seus dominios entre os seus fillos, feito polo cal o califa Suleimán I chamouno a Damasco a render contas, sendo acusado de malversación. Condenárono a morte, pero finalmente conmutóuselle a pena polo pagamento dunha considerable suma de diñeiro. Pouco despois asasinárono nunha mesquita de Damasco.

NotasEditar

  1. "Musa ibn Nusayr". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1430.