Abd al-Aziz ibn Musa

Abd al-Aziz ibn Musa[1] (عبد العزيز بن موسى) foi o primeiro gobernador de Al-Andalus.

Abd al-Aziz ibn Musa
Nacementoc. 685
Lugar de nacementoExipto e Iraq
Falecementomarzo de 716
Lugar de falecementoSevilla
NacionalidadeCalifato omeia
EtniaÁrabes
RelixiónIslam
Ocupaciónpolítico, militar e gobernador
PaiMusa ibn Nusayr
CónxuxeExilona
FillosAsima bint Abd al-Aziz
editar datos en Wikidata ]

Foi o fillo do gobernador de Ceuta Musa ibn Nusayr, gobernador da Ifriqiya. Atravesou o estreito de Xibraltar en 712 para participar na toma da Hispania visigoda, tornándose no primeiro wali do Al-Andalus.

Conxuntamente co seu irmán Abd Allah, suprimiu a revolta en Sevilla, de onde partiu en dirección a Málaga, Granada e Orihuela para celebrar un pacto co conde visigodo Teodomiro, polo que este aceptaba o islam a cambio de conservar as súas terras. En 714 asumiu o cargo do pai, converténdose no terceiro emir da España musulmá.

Despois iniciou un período de conquistas que o levou até Tarragona e Narbona. No ano 715 toma como esposa a Exilona, viúva de Rodrigo, pero ante o seu crecente poder ao ano seguinte o califa Solimán o manda asasinar.

  1. "Abd al-Aziz ibn Musa". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22.