Batalla de Montecubeiro

A batalla de Montecubeiro foi un enfrontamento armado do ano 774, no marco da reconquista, no cal as tropas asturianas comandadas polo rei Silo derrotaron os rebeldes galegos alzados contra a dominación asturiana[Cómpre referencia]. Rematou coa definitiva incorporación das terras do sul da actual Galiza á monarquía ovetense, favorecendo a unidade do territorio historicamente galaico e impedindo o xurdimento dun estado independente galegos.

Batalla de Montecubeiro

Estatua do rei Silo en Pravia
Data cara ao 774-783
Lugar Montecubeiro, Castroverde, Galicia.
Resultado Vitoria asturiana
Belixerantes
Reino de Asturias Rebeldes galegos
Líderes
Silo de Asturias Descoñecido
Forzas en combate
Descoñecidas Descoñecidas
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas

Historia e características editar

A zona setentrional de Galicia fora anexionada á monarquía ovetense polo rei Afonso I, que impuxo como bispo en Lugo a Odoario, un refuxiado cristián da antiga provincia romana de África. Nas décadas posteriores, particularmente durante os anos do goberno de Froila I, tanto en Galiza como noutras rexións periféricas desenvolvéronse certas tendencias secesionistas que aspiraban a liberarse do dominio político ástur.

Pero foi durante o reinado do rei Silo cando tivo lugar unha revolta que, tanto a Crónica Rotense[1] como a Crónica Sebastianense,[2] describen como xeneralizada. Para sufocala, as tropas asturianas avanzaron pola calzada romana que unía Oviedo e o centro de Asturias coas poboacións de Lugo e Iria Flavia, e interceptaron os rebeldes galegos á altura de Montecubeiro, Castroverde,[3] onde os derrotaron.[4]

Segundo o cóengo compostelán Antonio López Ferreiro, na parroquia de Montecubeiro existen dous castros, os de Maxide e Sarceda, que quizais puideron servir como refuxio ás tropas galegas fronte ó asedio asturiano.

Notas editar

  1. «Galleciam sibi revellantem inito certamine in monte Cuperio superavit et suo imperio subiugavit».
  2. «Populos Gallaeciae contra se rebelantes in monte Cuperio bello superavit et sub imperio subiugavit».
  3. Vázquez Seijas, Manuel (1970). Fortalezas de Lugo y su provincia: notas arqueológicas, históricas y genealógicas V. Lugo: Excma. Diputación Provincial de Lugo. p. 203. 
  4. Estévez (2003), p. 119

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Estévez Sola, Juan A., ed. (2003). Crónica najerense. Col. Clásicos latinos medievales y renacentistas. Madrid: Akal. ISBN 84-460-1668-0. 

Ligazóns externas editar