Semanario Instructivo

Semanario Instructivo foi un periódico semanal editado en Santiago de Compostela durante seis meses, tódolos venres de marzo a agosto de 1838.

Semanario Instructivo

Editar o valor em Wikidata
FundadorJosé María Gil Rey
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 3974
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar
 
Paso do Ulla por S. Xoán da Cova, Ramón Gil Rey, 1838.[1]

Subtitulado Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes, apareceu o 2 de marzo de 1838. Fundado e dirixido polo médico e botánico José María Gil Rey e auspiciado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, foi a primeira publicación ilustrada de Galicia, pois, xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, cada número incluía unha lámina litografada de Ramón Gil Rey, irmán de José María.[2] Constaba de catro páxinas de tamaño folio, impresas a dúas columnas. Editouse nos obradoiros de José Núñez Castaño. Mantívose ata o número 27, correspondente ao 31 de agosto.

  1. Puertas, C. (2008). "Breve historia de una litofrafía «incunable»" (PDF). A Estrada. Miscelánea histórica e cultural (en castelán) 11: 7–11. ISSN 1139-921X. 
  2. Alvarellos, Quique (2016/5/22). "A vida tronzada de Gil Rey". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar