Ramón Gil Rey

pintor galego

Ramón Antonio Gil Rey, nado en Santiago de Compostela en 1818 e finado en Madrid en 1844, foi un debuxante, pintor e litógrafo galego.

Modelo:BiografíaRamón Gil Rey
Biografía
Nacemento1818 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1844 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, litógrafo, debuxante Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé María Gil Rey Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) Traducir, (vol:XXVI, sec:Gil Rey (Ramón), p.39) Editar o valor en Wikidata
BUSC: gil-rey-ramon-1818-1844

Traxectoria

editar

Irmán de José María Gil Rey,[1] Ramón Antonio trasladouse a Madrid en 1839 e ao ano seguinte ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi pintor de historia e profesor de paisaxe no Liceo artístico e literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Concorreu cos seus traballos á varías exposicións anuais de belas artes, chamando a atención na de 1839 e na de 1840, nesta última cunha vista da Red de San Luis, que foi unanimemente eloxiada. Nese ano cedeu un dos seus traballos para a rifa que se fixo a beneficio do pintor Antonio María Esquivel, cego e doente daquela.[2]

Colaborou no Semanario Instructivo (1838), o Semanario Pintoresco Español (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Fixo retratos da aristocracia madrileña, entre eles Espartero e a raíña María Cristina.

Finou prematuramente en Madrid, aos 26 anos de idade.[3]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar