Acueduto do Paseo das Pontes
O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma".
Acueduto do Paseo das Pontes | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 43°21′51″N 8°25′00″O / 43.364166666667, -8.4166666666667 |
Concello | A Coruña |
Provincia | A Coruña |
Características | |
Historia
editarA viaxe de Visma levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a Cidade Alta, obra que fora autorizada por Filipe II en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis.[1]
O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro Francisco Montaigú de la Perille e coa dirección de Fernando de Casas Novoa e frei Francisco de Velasco. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo (Avenida de Fisterra) e entraba na cidade polo Caramanchón, onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no Campo de Carballo.[1]
A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na praza da Fariña, outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina.[2]
O manancial deixou de empregarse en 1902, o que provocou a deterioración do acueduto.[2]
Descrición
editarO acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude,[3] mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área,[4] que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque.[5]
Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no Peruleiro).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Valeiro Solsona, Carlos (outubro de 1998). Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de A Coruña (PDF) (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "El punto de abastecimiento de agua de la ciudad entre 1722 y 1902". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de maio de 2011. Consultado o 25 de decembro de 2015.
- ↑ Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña.
- ↑ Acueduto do Paseo das Pontes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Paseo das Pontes". Concello da Coruña. Consultado o 25 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Revisión del plan general de ordenación municipal (PDF). Concello da Coruña. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2015.