O dinar é a unidade monetaria de diversos estados do mundo, a maioría dos cales de lingua árabe ou que antigamente formaran parte do Imperio otomán, xa que historicamente foi usado en terras musulmás, desde tempos do Califato abasí de Bagdad.

Dinar cuñado a nome de Al-Hakam II en Madīnat al-Zahrā, no ano 358 da Héxira

A palabra "dinar" (دينار en árabe e en persa) ten a mesma orixe que o vocábulo diñeiro, xa que ambas as dúas derivan do denario (denarius) romano.

OrixeEditar

O dinar ten a súa orixe na antiga moeda sasánida e araboislámica de ouro que se empezou a cuñar a finais do século VII, e que tiña un peso que, segundo as épocas, oscilaba entre os 3,85 g e os 4,25. Nos seus inicios era unha imitación dos modelos bizantinos, pero pronto adquiriu carácter propio e definido, até o punto que foi imitado fóra dos territorios califais.

Estados que usan o dinar como moedaEditar

Estados e territorios que usaron noutros tempos o dinar como moedaEditar

NotasEditar

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.