Cornes, Conxo, Santiago de Compostela
Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste.[1] Cornes aínda existe como núcleo e novas rúas, hortas e campos, entre a avenida de Romero Donallo, a avenida de Vilagarcía, Conxo e a Pontepedriña.
Historia
editarA orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes,[Cómpre referencia] que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do século XX. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro.[2]
Cornes-O Carril foi a primeira liña de camiño de ferro de Galicia, inaugurada o 15 de setembro de 1873.[3][4] Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.
Cultura
editarEn Cornes Formoso campo de Cornes, Cando te crobes de lirios Tamén se me crobe á yalma De pensamentos sombrisos. De Cornes lindo lugare Que cruzan tantos camiños, Anque cuberto de rosas, As rosas, tamén fan guizos. [...] —Rosalía de Castro,
recollido en Follas Novas.[5] |
Cornes ten adicado un poema no libro Follas Novas de Rosalía de Castro, En Cornes.[2]
Notas
editar- ↑ Ferrocarril Carril-Cornes(en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 "Pegadas da vida de Rosalía en Compostela". As Pegadas de Rosalía. Consultado o 2020-04-23.
- ↑ "Ciento cuarenta años del tren Cornes-Carril, primera línea de Galicia". El Correo Gallego (en castelán). 8 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de maio de 2016.
- ↑ A historia dun ferrocarril: A liña Vigo - Ourense 1861-1881
- ↑ Follas Novas
Lugares e parroquias
editarLugares de Conxo
editarLugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |