Vermudo III

Rei de Galiza

Vermudo III[1] foi rei da Galicia altomedieval[a] e do Reino de León[b] entre os anos 1028 e 1037.

Infotaula de personaVermudo III

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1017 Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1037 Editar o valor en Wikidata (19/20 anos)
Tamarón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, batalla Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Isidoro de León Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de León Reino de León
1028 – 1037 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de León Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista , guerreiro Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Tamarón Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de León Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXimena Sánchez
PaisAfonso V o Nobre Editar o valor en Wikidata  e Elvira Méndez Editar o valor en Wikidata
IrmánsSancha I de Galicia e Xemena de León e de Galiza Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: León-818

Traxectoria

editar

Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III O Maior de Navarra.

Herdou o goberno de Galicia (León), con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[2], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.

Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalaría e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León).

  1. Segundo a historiografía galega.
  2. Segundo a historiografía tradicional castelá.
Referencias
  1. "Vermudo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2158. 
  2. Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. [1][Ligazón morta].

Véxase tamén

editar
  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Vermudo III. Un rei galego de principio a fin.
(Nós Diario, 06.10.2022)

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar