Elvira Méndez (finada en 1022)
Raíña consorte de Galiza
(Redirección desde «Elvira Meendiz»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Elvira Méndez.
Elvira Méndez de Melanda, finada o 2 de decembro de 1022, foi raíña consorte do rei Afonso V o Nobre.
Elvira Méndez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 996 |
Falecemento | 2 de decembro de 1022 |
Soterrada | Panteón de Reis de Santo Isidoro de León |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Pai | Mendo Gundisalviz |
Nai | Tutadonna Moniz de Coimbra |
Cónxuxe | Afonso V o Nobre |
Fillos | Vermudo III e Sancha I de Galicia |
Irmáns | Ilduara Mendes |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Elvira foi unha das fillas do conde Menendo González e a condesa Maior. O seu pai, fillo do conde Gonzalo Menéndez dux magnus de Portugal, foi, xunto coa raíña Elvira García, rexente e titor do rei Afonso V o Nobre con quen Elvira contraeu matrimonio.
Casamento e descendenciaEditar
Do seu matrimonio co rei Afonso V en 1015 naceron dous fillos:
- Vermudo III (1017-1037). Sucedeu ó seu pai no trono.
- Sancha I de Galicia (1016-1067). Contraeu matrimonio co rei Fernando I de León.
Morte e sepulturaEditar
Finou o 2 de decembro de 1022[1] e recibiu sepultura no panteón de reis de Santo Isidoro de León.[2] O sepulcro de pedra no que foi depositado o corpo da raíña consérvase no presente. Na súa cuberta aparece a seguinte inscrición latina:
H. R. REGINA DOMNA GELOIRA UXOR REGIS ADEFONSI FILIA MELENDI COMITIS. OBIIIT III NON. DEC....JACET HAC IN FOSSA GELOIRAE REGINAE PULVIS ET OSSA PROLES MENENDI, ET TUK, QUAE OBIIT IIII. NON. DEC. ERA LX POST M.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Arco y Garay 1954, pp. 163-164.
- ↑ Elorza et al 1999, p. 53.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Arco y Garay, Ricardo del (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla (en castelán). Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237.
- Fernández del Pozo, José María (1999). Reyes de León: Alfonso V (999-1028) -Vermudo III (1028-1037) (en castelán). Burgos: La Olmeda, S.L. ISBN 84-89915-07-5.
- Mattoso, José (1981). A nobreza medieval portuguesa, a família e o poder (en portugués). Lisbon: Editorial Estampa. OCLC 8242615.
- Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII (en castelán). Salamanca: Xunta de Castela e León, Consellería de educación e cultura. ISBN 84-7846-781-5.