Tutadona Moniz
Tutadona Moniz de Coímbra, tamén chamada Toda, nada c.960 e falecida c.1025, foi unha nobre, condesa de Portucale polo matrimonio con Menendo II Gundisalviz, despois da morte de Menendo en 1008,[1] gobernou como rexente para despois facelo conxuntamente con Aloito Nuniz, seguinte conde de Portucale. Descoñécese a razón deste goberno conxunto pero pénsase que puideron casar para dar lexitimidade ao novo goberno de Aloito, descendete de Vímara Pérez, igual que o casamento entre, a filla de Tutadona, Ilduara Menendiz e, o fillo de Aloito, Nuno I Aloitiz, nomeados condes de Portucale despois da morte de Aloito a man dos viquingos no 1015.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 960 |
Morte | 1022 ↔ 1025 |
Condesa de Portucale | |
1008 – 1025 ← Mendo Gundisalviz – Aloito Nuniz → | |
Familia | |
Cónxuxe | Mendo Gundisalviz |
Fillos | Ilduara Menendiz, Elvira Méndez |
Pai | Munio Froilaz de Coimbra |
Familia
editarOs seus pais foron Munio Froilaz de Coímbra e Elvira Paes de Deza, do seu matrimonio con Menendo tivo a seguinte descendencia:
- Paio Menendiz
- Rodrigo Menendiz, era un antepasado directo na liña maternal de Urraca Froilaz, muller de Pedro Froilaz de Traba.
- Gonzalo Menendiz (atestado 983-1007), é citado co título de conde.
- Ramiro Menendiz (atestado 1005-15) desempeñou o alto cargo de armiger regis en 1015.
- Egas Menendiz
- Munio Menendiz
- Elvira Menendiz
- Ilduara Menendiz
- Eldonza Menendiz
Notas
editar- ↑ Mattoso, José (1970). "A nobreza portucalense dos séculos IX a XI" (PDF). Do tempo e da história, Universidade de Lisboa. OCLC 565153778. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012.