Abrir o menú principal

Urraca Froilaz de Traba

Urraca Froilaz (Urraca Froile) foi unha nobre galega de finais do século XI, filla do conde Froila Arias de Traba e Ardiu Díaz de Aranga.

Urraca Froilaz

Falecemento1102
Cónxuxe/sPedro Froilaz
DescendenciaBermudo Pérez
Fernando Pérez
Lupa Pérez
Ximena Pérez
Froila Pérez
Liñaxe / DinastíaLiñaxe Traba[1]
Familia Froilaz-Traba
ProxenitoresFroila Arias
Ardiu Díaz[2]

Escudo de Urraca Froilaz de Traba

TraxectoriaEditar

 
Territorio aproximado da herdanza paterna de Urraca Froilaz. A unión das terras de Urraca, entre o río Tambre e o mar, e as do seu home Pedro Froilazn na zona noroccidental do reino, deron lugar ao Condado de Trastámara[3].

Foi unha importante aristócrata, descendente dalgunha das mais antigas liñaxes nobiliarias galegas. A súa nai Ardiu Díaz (Ardiu Diat), proviña da familia dos condes de Présaras[4], fundadores do Mosteiro de Sobrado dos Monxes[5], foi filla do conde Diego Gutérrez, mordomo regis do rei Fernando I e da nobre Acenda Seriz. O seu pai o conde Froila Arias, foi señor da terra de Traba[6], nas bisbarras de Soneira e Bergantiños[7], e irmán do bispo Cresconio de Iria, tutor do rei García II.

De ambos proxenitores herdou importantes dominios territoriais[8] e outras posesións. Entre estas últimas, un palacio en Compostela, situado entre o Mosteiro de San Martiño Pinario e a igrexa de Santiago[3], e o Mosteiro de San Xoán de Sabardes, que restaurou e dotou de importantes bens[9]. Por parte da súa nai Acenda, Urraca herdou tamén a reclamación da propiedade do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Este mosteiro, pasara á propiedade real após da fracasada revolta de Sexeredo, visabó de Urraca contra o rei Fernando I no ano 1050. Baseándose nesta reclamación, no ano 1118, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso VII restituiron o mosteiro aos seus fillos Bermudo e Fernando[10].

Urraca casou no ano 1088 con Pedro Froilaz[11], herdeiro como ela de extensos territorios situados na área noroccidental do reino galego, a unión das pertenzas dos cónxuxes abranguían a maior parte da actual provincia da Coruña, desde o río Tambre até o Mar Cantábrico e desde as terras de Aranga até o Océano Atlántico, e conformaron o Condado de Trastámara, cuxo primeiro posesor coñecido foi o propio Pedro Froilaz (in Trastamar comite Petrus Froyle)[12].

Urraca Froilaz faleceu no ano 1102 deixando cinco fillos do seu casamento con Pedro Froilaz[13]:

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar