Castelo de Aranga
O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón[1][2], foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos[3] enriba do antigo Castro de Almanzor[4], sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.
Castelo de Aranga | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | monumento e fortaleza ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Aranga ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008824 | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarIdade Media
editarExisten diversos testemuños documentais que mencionan o castelo: no ano 966 unha doazón do bispo Sisnando II de Iria ó mosteiro de Sobrado dos Monxes que inclúe o castelo con todas as súas prestacións; no ano 995 a restauración do mosteiro de Santa Baia de Curtis promovida por San Pedro de Mezonzo, na que doa unha igrexa próxima ó castelo; no século XII outro documento vincula o castelo coa liñaxe dos Traba ou outras liñaxes próximas; por último no século XV o Preito Tabera - Fonseca menciona que foi derrubado nas revoltas irmandiñas.[5]
Escavación
editarNo xacemento foi realizada unha escavación arqueolóxica no ano 1944, dirixida por José María Luengo.[6] Rexistráronse varios elementos arquitectónicos: a porta de acceso, unha escaleira tallada na rocha (o que implica pisos a distintos niveis) e varias liñas de defensa (unha delas con seteiras). Recuperáronse fragmentos cerámicos de recipientes de distintas facturas, tellas e ladrillos, restos de madeiras queimadas e unha punta de frecha de ferro. Luengo datou o xacemento entre finais do século X e comezos do XII.[7]
Estado actual
editarOs restos das estruturas quedaron soterrados baixo a maleza e apenas son visibles. Entre eles destacan un muro e mailos elementos tallados na rocha: as escaleiras e unha base cadrada que se supón que pertenceu á torre da homenaxe. O xacemento está catalogado como Ben de Interese Cultural.
Notas
editar- ↑ Castelo de Aranga na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Castelos de Galiza/Galicia: ARANGA: Castelo de Hermanzón, Barmanzón ou Aranga
- ↑ González Paz 2007.
- ↑ Mapa 1/25.000 do SigPac
- ↑ González Paz 2007, p. 360.
- ↑ Luengo 1950.
- ↑ Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga: Catálogo de Patrimonio: Ficha GA-15003121 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Concello de Aranga, 2013
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González Paz, C. A. (2007). "Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta". Rudesindus. San Rosendo. O seu tempo e o seu legado. Congreso internacional (PDF). Xunta de Galicia. p. 360.
- Luengo Martínez, J. Mª. (1950). "Exploraciones en el castillo de Aranga". Cuadernos de Estudios Gallegos (15).
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |