Ilduara Menendiz
Ilduara Menendiz, falecida en 1058,[1] foi condesa de Portucale durante o seu matrimonio con Nuno Aloitiz e despois da morte de Nuno en 1028 como rexente durante a minoría de idade do seu fillo Menendo III Nuniz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Antes de 1008 |
Morte | 1058 |
Condesa de Portucale | |
1028 – 1043 ← Nuno I Aloitiz – Menendo Nuniz → | |
Condesa de Portucale | |
1015 – 1028 ← Aloito Nuniz Xunto con: Nuno I Aloitiz | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de León Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | política |
Período de actividade | 1015 - |
Outro | |
Título | Condesa |
Cónxuxe | Nuno I Aloitiz |
Fillos | Menendo Nuniz |
Pai | Mendo Gundisalviz |
Irmáns | Elvira Méndez |
Traxectoria
editarFilla de Menendo II Gundisalviz, conde de Portucale, e de Tutadona Moniz.[1] No 1008, despois da morte do seu pai, a súa nai casou con Aloito Nuniz, quen se converteu no conde de Portucale. Despois querendo fortalecer o goberno da súa familia, casou co seu fillo Nuno I Aloitiz con Iduara.
En 1016, despois da morte de Aloito, xunto co seu marido, comezaron a xestionar o condado. Axudou a Nuno a protexer os seus dereitos contra as reivindicacións dos seus propios irmáns. Aínda que a cuestión da herdanza foi discutida durante o seu goberno, en 1028, cando morreu Nuno tamén morreran os irmáns de Ilduara.
O seu fillo, Menendo III Nuniz, era menor de idade en 1028 e Ilduara gobernou o condado como rexente,[2][1] ata que no 1043 renunciou aos seus dereitos sobre o condado, entregandoo ao seu fillo Menendo II. Retirouse a un mosteiro onde morreu en 1058.
Familia
editarTivo varios irmáns, entre eles a raíña Elvira Méndez, a esposa do rei Afonso V.[1]Tivo dous fillos e unha filla co seu marido Nuno I Aloitiz, conde de Portucale:
- Menendo III Nuniz, conde de Portucale.
- Gontroda Nuniz (morta c.1088), muller do conde Vasco.
- Munio Nuniz (morto despois de 1031)
Ilduara Menendiz Nacemento: século XI Falecemento: 1058
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Nuno Aloitiz
|
Condesa de Portucale como (rexente) 1015 - 1043 |
Sucedido por Menendo III Nuniz |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mattoso, José (1981). "As famílias condais portucalenses dos séculos X e XI". Editorial Estampa. OCLC 8242615.
- ↑ Mattoso, José (1970). "A nobreza portucalense dos séculos IX a XI" (PDF). Do tempo e da história, Universidade de Lisboa. OCLC 565153778. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012.