Fernando Casás

escultor y pintor galego

Fernando Estarque Casás, máis coñecido como Fernando Casás, nado en Gondomar[1] en 1946 é un escultor e pintor galego cuxa carreira se desenvolveu no Brasil, país ao que foi levado polos seus pais cando contaba con moi poucos anos.

Infotaula de personaFernando Casás
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Gondomar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEuropean Ceramics Work Center (en) Traducir (1994–1994)
Escola Superior de Deseño Industrial da Universidade do Estado de Río de Janeiro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFacultade de Belas Artes de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
MovementoLand art, Q8771637 Traducir e Arte abstracta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webfernandocasas.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: artefernandocasas Editar o valor em Wikidata
Lamed Vav / Os 36 xustos (1999) na Illa das Esculturas, Pontevedra.

Traxectoria editar

Comezou a investigar en pintura en 1964, traballando con tintas sobre soportes infrecuentes, como madeiras de derriba e tendidos en xeso. En 1967 produciu mobles que son verdadeiros obxectos de creación, en madeiras queimadas e en coiro. Pasou en 1969 a estudar na Esdi-Escola Superior de Deseño do Río de Xaneiro, e a súa orixinalidade conduciuno a realizar interesantes murais para empresas públicas do país suramericano, que derivan en creacións nas que se transforma a natureza mesma na súa expresión vexetal, que expón en todo o noroeste brasileiro, e que o artista, ironicamente, denomina Proxecto idiotas.

En 1975 retornou a España e realizou unha exposición en Vigo, que sorprendeu pola súa insólita orixinalidade. De 1977 data a súa etapa que denomina «Ciclo do Cupin», que continuou nos seguintes con «Reciclo» e «Labirinto», en diversas cidades brasileiras e en Vigo, Compostela e Barcelona. Alternou a escultura e a pintura e realizou relevos de grandes dimensións, co título do famoso libro de Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, con pezas tituladas Voo, Onda, Lume e Terra, atendendo ás súas raíces galegas.

Incorporou aos seus materiais a pedra e o bronce e investiga con papeis reciclados e fibras vexetais. De 1983 data a súa grande exposición en Vigo «Diario de Viaxe», que é un percorrido imaxinario pola etnoloxía americana que tan ben coñece.

Proseguiu as súas experiencias, inspiradas na arte popular autóctona da Amazonia brasileira, con obras que expuxo en Xenebra e Xerusalén. De 1988 data a serie Amazonas, Serie negra, cando o papel rugoso e denso se enseñorea de superficies irregulares ou traballa sobre tocóns e fragmentos de árbores centenarias, de morfoloxía peculiar. Con esta serie conseguiu o premio Brasil-Estados Unidos de Artes Plásticas dese ano. A súa escultura «Amazonia-Cobra grande» colocouse no pavillón Ruth Youth do museo israelí de Xerusalén.

En 1989 regresou definitivamente a España e instalou o seu taller en Gondomar. A súa obra segue mostrándose individualmente en medio mundo e acudiu ás grandes bienais, como a de São Paulo.

Trátase dun vangardista razonante, inquedo e reflexivo, por completo inconformista e negador do tradicional e manido, para quen calquera elemento abandonable pode transformarse en arte. É considerablemente abstracto, case sempre informalista, en verdade telúrico.

Notas editar

  1. http://www.fernandocasas.es/biografia Biografía do autor na web oficial do autor

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Berkowitz, Mark e outros: Fernando Casás. Río de Janeiro, Gráfica Editora, 1986.
  • II Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1991.

Ligazóns externas editar