Museos Científicos Coruñeses
Os Museos Científicos Coruñeses son un servizo do Concello da Coruña que abrangue tres centros: a Casa das Ciencias, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae, que se sitúan en diferentes lugares da cidade.
Museos Científicos Coruñeses | |||
---|---|---|---|
Tipo | organización gobernamental ![]() | ||
Entidades | |||
Matriz | Concello da Coruña ![]() | ||
Membro de
| |||
Data | |||
Fundación | 2000 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | A Coruña ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | coruna.gal… ![]() | ||
[ Wikidata ] |



O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades. Organiza exposicións, conferencias, premios, cursiños, proxeccións, edicións, e colabora cos medios de comunicación nas tarefas de difusión científica. Tamén participa no desenvolvemento e creación de reunións, foros e congresos.
Nas súas instalacións pretende crear entretemento e ambientes distendidos onde os visitantes se familiarizaren coa ciencia. Ofrece oportunidades para a diversión e máis o xogo, buscando a educación en valores, aptitudes e procedementos científicos, e vencellándoos a outros máis xerais coma os de solidariedade, tolerancia, racionalidade, respecto e protección do medio.
Historia
editarO primeiro en crearse foi a Casa das Ciencias, en 1983. Tiña como obxectivo cultural contribuír á cultura e educación científica, prestando especial atención aos escolares. Converteuse en pouco tempo no museo máis visitado de Galiza.
En 1995 abriuse a Domus, dedicada monograficamente ao ser humano, que mostra nos seus aspectos biolóxicos, demográficos, psicolóxicos e culturais.
En 1999 inaugurouse o Aquarium Finisterrae, que se centra nos ecosistemas mariños da costa galega. A súa creación veu motivada polos desastres ecolóxicos ocasionados polos accidentes que se producen na costa.
No 2000 presentouse o Plan Hércules, co que se creou a marca de Museos Científicos Coruñeses (=mc2) e se integraban os tres centros co obxecto de ampliar as súas actividades e servizos.
Os tres museos ofrecen servizos que inclúen:
- 5 000 m² de salas de exposicións
- 30 000 m² de espazo expositivo ao aire libre (Aquarium)
- Un planetario
- Dous salóns de actos
- Unha sala de proxección de cine
- Videoteca, con máis de 1 500 títulos
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |