Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo
museo na Coruña
O Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo é un museo da Coruña. Expón unha colección de pezas de prata, de carácter relixioso, pertencentes á Colexiata de Santa María do Campo, de distintas épocas (entre os séculos XVI e XX) e estilos artísticos, entre as que destaca unha custodia de finais do XVII.
Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo | |
---|---|
Tipo | museo |
Localización | |
Enderezo | Rúa Porta de Aires, 23 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°22′15″N 8°23′34″O / 43.370959, -8.392656 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio é de nova planta, proxectado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Está situado na rúa de Porta de Aires.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |