Juan de Herrera

arquitecto español

Juan de Herrera, nado en Mobellán (Cantabria) en 1530 e finado en Madrid en 1593) foi un arquitecto español, considerado o creador do estilo arquitectónico, sobrio e severo, máis característico do Renacemento en España, denominado estilo herreriano.

Juan de Herrera
Juan de Herrera (BM 1919,1111.49).jpg
Nome completoJuan de Herrera de Maliaño
Nacemento1530
Lugar de nacementoRoiz
Falecemento15 de xaneiro de 1593
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónarquitecto e matemático
Coñecido porCatedral de Valladolid, Mosteiro do Escorial, Palacio Real de Aranjuez e Houses of the offices of the Monastery of El Escorial
editar datos en Wikidata ]
San Lourenzo do Escorial

Juan de Herrera recórdase sobre todo pola súa participación no mosteiro do Escorial, aínda que tamén é o responsable da catedral de Valladolid. Comenzou a traballar no Escorial en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista e desde 1572 foi el quen dirixiu os labores ata que se concluíu definitivamente en 1584. Formalmente acentuou o seu manierismo ó elevar a fachada principal e construír unha portada sen fondo, xa que tras ela non está o templo, senón un patio que dá á igrexa.

O estilo herrerianoEditar

Coñécese como herreriano o estilo arquitectónico desenvolvido por Herrera no último terzo do século XVI así como o dos arquitectos que o sucederon en España nas primeiras décadas do século XVII, nun progresivo achegamento ao barroco. En Galicia atópanse exemplos de arquitectura herreriana como o Mosteiro de Santa María de Montederramo e o Colexio da Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos.


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.