Centro de Interpretación da Muralla
O Centro de Interpretación da Muralla é un museo adicado ao estudo e promoción da Muralla Romana de Lugo, situado na Praza do Campo da mesma cidade, moi preto da Catedral. Trátase dun edificio restaurado entre medianeiras de andar baixo, dous andares e baixo cuberta, cuxas orixes de se remontan a comezos do século XVIII.
Centro de Interpretación da Muralla | |
---|---|
Tipo | centro de interpretación |
En | Lugo |
País | Galicia |
43°00′36″N 7°33′31″O / 43.010067310286, -7.558513551028 | |
Na rede | |
https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/centro-de-interpretacion-da-muralla | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarNa planta baixa atópase o centro de recepción do museo. No primeiro andar o tema fundamental é a propia edificación da muralla romana, explicándose o seu proceso construtivo e a súa influencia no desenvolvemento urbanístico da cidade. Todo isto explicado por medio de paneis interactivos, mesas táctiles etc.
No seguinte andar trátanse os cambios que sufriu a muralla ao longo do tempo e as razóns que os motivaron. Fálase dos cambios da muralla dende a Idade Media até os nosos días. Tamén se atopa información sobre o seu nomeamento como Patrimonio Mundial e a súa conservación.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web en Lugo Turismo Arquivado 02 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Centro de Interpretación da Muralla, en Museo de Lugo